eDNI
Maio 24th, 2008 by meluco
Unha cousa que me chamou a atención no principio do curso que estou a impartir en perTIga é a cantidade de DNI electrónicos que xa están en funcionamento. Coido que ó rededor da miade dos alumnos ou máis xa andan co trébello no peto. Por suposto, tratándose dun curso de seguridade, no intre que saiu a palabra “certificado dixital” xurdiu o tema do eDNI, do que, por certo, ate o de agora non me preocupara demasiado (por non dicir nada).
Supostamente todos deberíamos de estar contentos porque vivimos nun pais ultramoderno no que tódolos cidadáns poderán empregar a máis moderna tecnoloxía enseguridade dixital. E iso está ben, porqué non. Pero, ¿non falta algo?. Antes de seguir podedes mirar este par de artigos. Non vos preocupedes, os dous son doados de seguir:
Dun e outro podemos sacar a mesma conclusión. Os sistemas de identificación dixital que se están a adopatar por parte da administración són fiables só en máns de persoas que sepan o que están a facer. Non só iso, senon que ademáis as perosas que empreguen estos sistemas (eDNI, certificados da FNMT) sen estar seguros do que están a facer pódense meter nalgún lío gordo, pois calquera documento firmado por estos médios terá a mesma validez que unha firma manuscrita.
A Administración debería de deixar claro ós cidadáns os riscos do uso indebido destes mecanismos, pero claro, o que “mola” a nivel político é que millóns de persoas se lancen en busca do gizmo dixital e poder dicir que o pais está en cabeza da identificación dixital. Non vaimos a asustar á cidadanía e suframos unha regresión á idade de pedra.
É importante que tódalas persoas teñamos en conta unha cousa: a seguridade informática depende en último termo da formación do usuario e de este asuma a sua responsabilidade, non é posible crear un Internet seguro tal e como hoxe o ceñecemos, só é posible formar ós usuarios para que adopten comportamentos seguros.
Non sei, pero se cadrá seria necesario obrigar a quen desexe obter un certificado dixital a seguir un curso no que se ensinasen as políticas axeitadas de emprego e os riscos que se corren, e pasar un examen… e de paso a firmar un contrato en papel, para que pareza máis real. Deste xeito todo o mundo sería coñecedor da responsabilidade que está asumindo ó empregar este tipo de medios.

Un dos problemas cos que me atopo acotio durante os cursos é o xeito de compartir ficheiros de tamaño considerable entre os alumnos. Imaxes de discos de diferentes tipos e ficheiros de máquinas virtuais son ferramentas básicas en según que tipo de cursos, e movelos pola rede local non resulta sinxelo cando están aloxados nun único ordenador e 15 alumnos desexan acceder a eles, todos á vez.


Hoxe ás 17:30 quen o desexe poderáse achegar ó Centro Socio-Cultural José Saramago, en Vite para participar nun obradoiro prático de achegamento ó xa coñecido por todos “Linux”. Quenes asistades teredes a oportunidade de probar unha das últimas versións deste sistema, de coñecer o seu uso e mantemento básico e as ferramentas que incorpora para moverse por internet, para a oficina ou simplemente para xogar. Poderédes facer tódalas preguntas que consideredes oportunas sobre o tema e mesmo anotarvos para un vindeiro obradoiro no que quen o desexe poderá instalar este novidoso, atractivo e prático sistema operativo no seu ordenador.