Manuais de GNU/Linux e outros tipos de bichos baseados no silicio
Ó longo dos anos fun preparando, azuzado polas esixencias dos alumnos, pequenos manuais para dar ós meus alumnos. Ás veces nestos manuais recollín conclusións da miña propia esperiencia, pero maiormente comentarios recollidos de aquí e dalí. Ate o de agora o conxunto dos manuais non merecía moito a pena. Agora chegou o momento de voltar a poñer estos coñecementos a disposición de quen os necesite ou os poda atopar de utilidade.
Por favor, se descargas algún destos manuais e vas facer algunha implantación de algún sistema baseandote neles, ten en conta que na sua maioría son exercicios de clase. Na maior parte dos casos pásanse por alto cuestións relativas á seguridade ou ó mantemento posterior do sistema, pois nos cursos non hai tempo a tocalo todo. Queda da túa man profundizar nos temas tocados no manual para mellorar cuestións como o rendemento, a auditoría do sistema ou o cifrado dos datos sensibles que naveguen pola tua rede.
- Conceptos básicos de “seguridade en profundidade”
- Controlador de dominio mixto Linux/Windos (Samba+NFS+LDAP)
- Proxy inverso e balanceo de carga con Apache
- Servicios básicos de rede (DNS, NAT, NBNS-Wins, DHCP) (reparando enlace)
- Configuración básica de NFS
- Configuración básica de NIS (reparando enlace)
- Configuración básica dun DNS local (reparando enlace)
- Introducción a PAM - Pluggable Authentication Modules