Archive for the 'FEDWI' Category

Estou canso

Domingo, Outubro 7th, 2007

Son as doce e media.

A fin de semana foi longa.

A semana foi máis longa.

Perdín moito tempo (¿perdino?) traballando no equipo da ANPA. Mañá, ou o martes entregareino… a medio rematar.

Moitas cousas no ar… EGO, a mesa, FEDWI, o MeMa, o gÑu… agora tamen o simulador de CNC.
Estou contento co traballo que ando a facer co proxecto de EGO. Tamén co descubrimento de Python, e moito máis co curso de programación en C.

Teño que dosificarme máis. Centrarme nun obxetivo. Creo que será EGO.

Deica mañá… vou descansar.

Prestame moito, agora.

Ensinar, aprehender

Xoves, Agosto 30th, 2007

Hoxe empexamos o curso de programación en DP. Facía tempo que non me sentía tan ben nunha clase teórica.

Foron tres horas largas, cheas de explicacións e conversas intensas, tentando de sentar as bases de coñecementos que nos permitan iniciar con seguridade e eficiencia o camiño da programación. Da man de Anxo, proposicións, Álxebra de Boole, sistemas de numeración e codificación encheron a atmosfera de forma clara e iluminadora.

Non so se trataba de explicar e demostrar, senon de xustificar. De ver como as bases inmutables da computación se deixan ver reflexadas nos sistemas modernos e nas aplicacións e linguaxes de alto nivel. De por que un byte ten 8 bits. Da necesidade de calcular os bytes necesarios para almacenar o resultado dunha operación.

Na próxima clase, complememto a dous para continuar a codificación e teoría de microprocesadores.

Estou desexándoo.

Curso de programación en C

Mércores, Agosto 15th, 2007

En DP Informática imos iniciar un curso de programación dentro de poucos días (só estamos pendentes de confirmar os asistentes).

Os CONTIDOS, a DURACIÓN, HORARIO e PRECIO está suxeitos ás propostas dos interesados, así que se a idea che parece interesante non deixes de informarte. É posible que ainda que as condicións que propoñemos aquí non che interesen, sí teñamos algún xeito de adaptar o curso ás tuas necesidades.

Os ceñecementos previos para acceder ó curso se limitan ó manexo básico do ordenador a nivel usuario. Ó longo do curso impartiránse tódolos coñecementos teoricos que podas necesitar. Se dudas de se estás preparado para asistir ó curso, pregúntanos.

Unha vez impartidos os coñecementos teóricos básicos, o curso centraráse na linguaxe de progamación C, ainda que dependendo dos intereses dos participantes poderanse incluir outras linguaxes. A plataforma sobre a que se realizarán as prácticas será GNU/Linux.

Ó longo do cursos desenrolaránse diferentes proxectos de programación, e quenes o desexen poderán participar no desenrolo do proxecto FEDWI, programado baixo licencias libre (probablemente GPL).

Os horarios, datas e condicións propostos inicialmente son:

Días: Luns e Mercores
Horario: 16:30 a 19:30
Duración: 6 meses
Precio: nunca superior a 100€ (depende do número de asistentes).
Lugar: Instalacións de DP Informática no polígono do Tambre. A liña 1 de autobuses ten unha parada diante das nave.

Aqueles que o desexen poderán asistir ó curso co seu propio ordenador portatil. Ós que non dispoñan de ordenador ou prefiran non traelo proporcionaremoslles un equipo para empregalo durante o curso.

Lembra que podes facer suxerencias. Procuraremos que o curso se adapte ás necesidade de todo o mundo.

Se queres confirmar a túa asistencia ou obter máis información só tes que escribir un correo a:

“daniel arroba dpinformatica.es”.