Archive for the 'CompostelaWireless' Category

Máis sorrisos

martes, agosto 28th, 2007

Criptonomicon IEsta fin de semana estáme a regalar tamén algún momento moi especial.

Por un lado, a miña nena mediana (coa grande estou casado) gañoume algunha partida ás damas, facendolle algunhas correccións e axudandolle a manter a atención, pero fíxome sentir moi orgulloso. Tamén me está a sorprender a velocidade á que aprende cos Pingus.Vou buscar un balde pras babas.

Por outro lado, ou meu mentor en temas de cencia-ficción deixoume caer enriba a primeira parte do Criptonomicón. É un libro perigoso, deses que te atrapan e son difíciles de soltar. Pero o mellor é o xeito no que se reflexa certos tipos de mundos interiores. O autor é o mesmo que o de algunha obra da biblioteca CW. Se te apasiona o mundo da tecnoloxía, probablemente necesites ler este libro.

Entidades públicas e webs

sábado, agosto 25th, 2007

RSSNon se pode negar que o intentan. Polo menos oficialmente consta que as administracións públicas deberían de estar a facer un esforzo por axeitar as súas páxinas web ós estándares e acadar que sexan ferramentas áxiles e útiles para a sociedade/cidadanía.

Esta mañá estiben intentando atopar algunha páxina relacionada coa Axencia Tributaria, a Xunta ou algun colexio profesional de graduados sociais que proporccionase algún sistema de sindicación. Non fun quen de atopar ningún (se cadra alguén me deixa algún enlace nun comentario).

¿E cal póde ser o motivo/motivos polos que entidades, supostamente ben in-formadas e asesoradas non emprega e proporciona unha tecnoloxía tan práctica e potente?. Posiblemente polos mesmos motivos que facían que ate fai pouco tempo a maioría das páxinas de entidades da administración só eran visitables cun único navegador de Internet (o navegador único, o navegador para atraelos a todos y atalos nas tebras), ou os mesmos motivos polos que a administración segue a gastar moitos (moitos, moitos) miles de euros en software pouco fiable e moi desconfiable.

A cuestión é que se as páxinas web son ferramentas para a cidadanía (administración electrónica, bla, bla, bla) e unha das principais funcións é a de ofrecer información e difundila, os feeds, a sindicación, o RSS ou calquera dos seus amigos, é unha ferramenta insuperable.

¿Imaxína, señor director xeral da consellería x, decenas de páxinas de decenas de xestorías, asesorías, etc. visitadas diariamente por centos de clientes destas asesorías, facendo de repetidor da información difundida na páxina da sua consellería?. E todo grátis e de xeito instantáneo. ¿Hai algo máis cómodo para os centos de persoas que precisan de ler os boletíns oficiais diariamente que poder ter un botonciño no seu escritorio no que recibir as novidades de xeito automático?.

Ainda por riba estaríanse xerando centos de enlaces en páxinas de Internet, camiños que conducen ós redenautas de xeito unívoco cara as páxinas web da administración.

A iso se lle chama difusión e achegamento.

OoDocGAL reabre a páxina

xoves, agosto 23rd, 2007

OoDocGALFai algún tempo que desde CompostelaWireless e DP Informática se iniciou un proxecto para crear un curso de informática básica en galego e baseado nun entorno GNU/Linux.

A primeira pedra deste proxecto foi OoDocGAL, un wiki no que se pretende ir producindo un curso sobre o paquete ofimático OpenOffice.org. Por cuestións técnicas o proxecto desapareceu da Rede durante alguns meses, e agora reaparece para continuar o traballo.

Durante este tempo apareceu outro proxecto da man de TEGNIX que ten uns obxetivos similares, así que é importante buscar o xeito de facer que os dous proxectos se potencien entre si.

Irei dando novas.

Firma dixital GPG e Seahorse (Primeira parte)

mércores, agosto 22nd, 2007

No blogue de toniocastro vexo o anuncio dunha nove versión de Seahorse. Seahorse é un programa que nos permite xestionar as nosas firmas dixitais GPG de xeito doado. E isto dame unha escusa para falar das firmas dixitais.
A firma dixital é unha desas cousas que oimos na tele. Contannos cousas dela e parece algo importante pero non rematamos de enterarnos moi ben de para que serve, nen moito menos cómo podemos empregalo.

A firma dixital consiste en un xogo de chaves que nos da tres funcionalidades básicas:

  1. Ocultar o contido de arquivos da vista de terceiros: función de cifrado.
  2. Acreditar a nosa identidade: a este nivel funciona como unha especie de pegada dixital ou firma persoal.
  3. Acreditar a integridade de calquera tipo de arquivo informático: función de certificado electrónico.

Entenderémolo mellor se compredemos cómo funciona.

Como mencionei antes, a firma dixital é un xogo de chaves, concretamente dúas:

  1. Unha serve para pechar. Chámaselle clave pública e poderemos darlle unha copia a tódo o mundo.
  2. Outra serve para abrir. Chámase clave privada e ninguén terá acceso a ela escepto nos.

O que se pecha cunha chave pública pódese abrir coa sua correspondente chave privada. Así que en principio todo o mundo poderá pechar cousas que só nos poderemos abrir. ¿Para que sirve isto?. Imos poñer uns exemplos.

  • O noso doutor ten que mandarnos un resultado dunhas probas e desexamos facelo coa máxima confidencialidade. Se lle proporcionamos una copia da nosa chave pública, poderá mandarnos un correo electrónico pechado (cifrado) coa mesma, de xeito que só nós podamos abrir dito correo.
  • Outro exemplo. Almacenamos datos privados nun ficheiro que transportamos no noso ordenador portatil. Nese arquivo atópanse números de conta nosos e da empresa para a que traballamos, números secretos de tarxetas, números das alarmas da oficina e contrasinais de acceso ás direccións de correo e páxinas web do negocio. Se perdemos o ordenador portatil e alguén accede a esa información podería ser desastroso. Podemos pechar (cifrar) o arquivo coa nosa propia chave pública e coa chave pública do noso xefe, de xeito que só nos mesmos e mais o noso xefe poderemos acceder á información contida no ficheiro.

Isto no que se refire a manter a privacidade de determinados ficheiros. Pero antes mencionei que temos outros dous usos para as firmas dixitais: firmar documentos para identificarnos como autores e para amosar a nosa conformidade cos mesmos (non ten porqué ser un documento de texto, pode ser unha foto ou calquera outro ficheiro).

Cando desexamos “firmar” un ficheiro o ordenador toma da firma GPG a nosa dirección de correo electrónico e o noso nome , e xunto co a data actual e os cifra mediante un calculo baseado nos datos do arquivo e o da nosa chave privada. O resultado almacénase nun arquivo que constitue a firma en si e que debe manterse sempre xunto ó arquivo que desexamos firmar.

Se mandamos a alguén o ficheiro xunto coa firma, o seu ordenador pode revertir os calculos do cifrado para recuperar o noso nome, correo electrónico e data na que foi realizada a sinatura, pero só se o contido do ficheiro non variou desde que a sinatura se calculou. Como é necesario manter o arquivo intacto para recuperar os datos almacenados na firma, se alguén tratou de alterar o contido do ficheiro o ordenador será incapaz de recuperar os datos da sinatura e diranos que a sinatura é invalida, e nós saberemos que non podemos confiar no documento.

Se o documento non foi alterado, a persoa que recibe o ficheiro pode ver os noso datos, e se posue a nosa chave pública pode ter a seguridade de que fumos nos quenes firmamos o ficheiro, e que este non cambiou desde que o fixemos.

É importante quedarnos cunha copia da firma para poder comprobar tamén nós a autenticidade dun ficheiro que mandamos a alguén.

¿ Canto é interesante asinar un documento?:

  • Entrega de documentos de reclamación.
  • Envio de facturas, orzamentos, alvaranes.
  • Entrega de informes e valoraciones.
  • Entrega dedocumentos correxidos ou revisados por nos.
  • En calquesa situación na que necesitemos coñecer se alguén modificou un ficheiro desde que nos o revisamos.

Dentro de uns días veremos cómo empregar Seahorse, unha aplicación que nos premite crear as nosas firmas GPG e empregalas para asegurar as nosas comunicacións e ficheiros de xeito sinxelo.

GnuPGSeahorse

Internet: propiedade privada

venres, xullo 13th, 2007

Podes empezar por ler estas cousas:

http://www.merodeando.com/2006/05/25-neutralidad-de-la-red

http://www.abadiadigital.com/noticia1526.html

http://dig.csail.mit.edu/breadcrumbs/node/132

É dicir, que en realidade Internet, hoxe en día, está composta pola unión de redes de múltimples empresas privadas. E estas empresas privadas, que coñecen a dependencia que se xenera na actulidade das suas redes, están desexando sacar o máximo partido deste poder.

Na miña opinión (que non ten máis validez que de calquer outro da rúa) os principais responsables da situación é a administración pública dos diferentes paises. A “moda” do governo non intervencionista que deixa todo en máns das grandes empresas. ¿Cómo é posible que o propietario dos médios de comunicación públicos sexa unha empresa?. É dicir, non son medios de comunicación públicos, senon medios privados, pertencentes a grandes empresas, que son explotados segundo as leis da especulación (na peor das suas acepcións) e o mercado. Un mercado no que non hai sitio para os pequenos, así que a competencia non é posible. ¿Ten algún sentido que R (ou calquera outro operador) tenda a sua rede de cable privada polas ruas (iso sí, coa axuda de subencións públicas que pasan a formar parte do capital da empresa privada) para que despois a cidadanía e mesmo o propio concello paguen por poder usar esa rede?. ¿Non sería máis lóxico que a rede a tendera o concello e cobrase ás empresas polo seu uso?. Cada quén opinará ó seu xeito.

A cuestión é que agora mesmo dependemos todos (incluso os governos) das redes privadas montadas con cartos públicos das grandes compañías de servicios de Internet. Esto non é novo. A outros niveis xa se teñen dado situacións parecidas, como cando Micro$oft pretendeu cobrar por empregar o Messenger. Claro, a fín de contas daquela a xente non coñecía alternativas e a única rede que permitia comunicarse dese xeito era a do xigante das fiestras. ¿Porqué non foi adiante o intento?. Por que en realidade sí había aternativas: O antiguo IRC e Jabber, sistemas de comunicación non xerarquicos nos que calquera pode montar un servidor que permita que a xente de todo o mundo fale libremente. E a clave está nesta liberdade. Se unha entidade dispon da exclusividade de ofrecer un servicio, tenderá a abusar dese poder, e o único xeito de defenderse de ese abuso é crear alternativas non xerarquicas e distribuidas, que poña o poder nas máns de todo o mundo. Isto é facil no caso do software (Software Libre), pero agora estamos a falar de redes físicas, de quilometros e quilometros de cables e de toneladas de cacharros con luceciñas que custan millons de €cus.

¿É posible crear unha alternativa distribuida e non xerarquica?. ¿Pode a xente da rua construir unha Internet máis real?. Eu creo que sí é posible. As tecnoloxías de comunicacións están no día a día. Os dispositivos que adoitamos manexar, cada vez máis cotidiáns, están treméndamente infrautilizados. Só ñe cuestión de entender outro xeito de empregar os ordenadores, os móviles, os puntos de acceso e routers inalámbricos. Quen sabe. Só é cuestión de que algunha cabeza quente se poña a funcionar para someter realmente ó oligopolio corrompido das comunicacións.

Neutralidade da Rede

xoves, xuño 21st, 2007

Desde hai meses podemos ler artigos e comentarios sobre o perigo da perda da neutralidade da Rede de Redes. Falan da intención de algúns ISP de primar o tráfico de determinados contidos fronte a outros, ou do contido de determinados clientes fornte a outros. Coido que andamos algo despistados.

A rede non é e non será neutral mentras o acceso á mesma se xestiona coma un mercado no canto de coma un servicio. Os ISP priman e primarán os accesos que a eles lles interesan en detrimento dos que lles saen menos a conta. Os tipos de contratos, as zonas xeográficas con accesos de segunda e terceira categoría e sen acceso de ningún tipo; os precios do acceso á Rede regulados seguindo os criterios do Sacro e Santo Mercado; as leis que impiden a aparición de verdadeira competencia nese mercado, a entrada de pequenas empresas e que impiden, sobretodo, que poda esistir un servicio de acceso público á rede. Estos son os primeiros expoñentes da falta de neutralidade da Rede.

enlace

O acceso a Internet, do mesmo xeito que calquera outro sistema de comunicacións, debería rexirse baixo a consideración de servicios fundamentais para a sociedade, estando controlado o seu comercio por normas que garantisen o acceso universal ás mesmas para TODOS os cidadáns que o desexasen, e mecanismos para comprobar que estas normas fosen respetadas e aplicadas. Mentras esto no sexa así, estamos a falar dunha neutralidade de rede que non existe.

A actual xestion da rede baséase básicamente na especulación, no peor dos sentidos da palabra. Acaparar recursos para facer que a demanda dos mesmos aumente e o precio suba. Os ISP non dan acceso a máis servicios dos necesarios, e o fan sempre baixo a mínima garantia posible. O servicio sempre se fai mediante empresas subcontratadas, que contrata a persoal en condicións precarias e con unha formación máis que cuestionable. A Rede presentase, publicítase, coma un ben de consumo, unha forma de ocio, un xoguete. Internet, para moitisima xente, está o mesmo nivel que a television de pago ou a videoconsola. Búscase o cliente da “sociedade do benestar”. O cliente inconsciente cunha posición acomodada e que no canto de “facer uso”, “consume”. Trátase de vende o caramelo o máis caro posíble, vendéndollo a quen máis pode pagar.

¿E os demais?. Que importan…

Correo para Mancomun.org relativo a FON e OpenWRT

xoves, maio 10th, 2007

(…)

Por outra parte, publicades unha noticia sobre FON na que incurrides nun erro importante. O texto da noticia da a entender que o proxecto OpenWRT é de FON, cando en realidade é anterior a FON. FON empregou o software deste proxecto para crear os seu producto e o seu negocio, e inicialmente violo a licencia ó distribuir o seu software sen facer públicas as modificacións realizadas. Na actualidade xa permiten descargar as fontes coas modificacións, pero é de todo incorrecto falar do “seu proxecto Openwr”.

Para colmo, na páxina web do blog que enlazades, menciona un “proxecto de FON” para exportar o correo local ás contas de GMail. En realidade non é mais ca unha interface web para unha aplicación xa existente e que enlazan nun texto diminuto ó pé da páxina. ¿Sabiades que “La Fonera”, router que FON distribue, envia o contrasinal a FON cando o usuario o cambia?, ¿E que a interface da rede local de este router ven configurada en modo promiscuo de serie?, ¿como se pode pedir a ningue, ou fomentar que ninguen, mande os seus buzóns de correo a un servidor de unha compañia que aplica este tipo de políticas?.

Creo que deberíades de informarvos sobre qué é FON en realidade (non é unha “gran comunidade WiFi”, como dicides no voso artigo) e plantexarvos se é ético mencionar nin unha vez máis ese negocio baseado na explotación dos recursos alleos e de especular coa dificultade de acceso a Internet de algúns paises (se visitades os mapas de FON, veredes que nos paises con doado acceso a Internet apenas si hai “Foneros”).

Nos principios de FON, cando non eran ninguén, foron chorando polas comunidades wifi (que tampouco eramos e seguimos a ser ninguén) para que traballásemos coma os seus comerciais, ainda que eles dician que querían axudarnos a realizar os nosos proxectos. Foron rexeitados por TODAS as comunidades wifi, pois os nosos proxectos se basean no servicio, mentras que FON non deixa de ser unha estafa. Por aqueles tempos, na páxina de FON podíase ver un apartado denominado “Amigos de FON” no que se listaban os nomes de diferentes comunidades wireless que non tiñan ningún tipo de relación, alomenos de amizade, con FON. Desde CompostelaWireless, e no nome de outras comunidades, esiximos que ese apartado fose retirado. Daquela cambiaron o nome do apartado para denominalo “Outras comunidades wireless”, nun claro intento de dicir “nos tamén somos unha comunidade wireless”, afirmación na que se manteñen.

O silencio dos xustos

FON é unha INICIATIVA EMPRESARIAL baseada na explotación da conexión a Internet de outras persoas, aproveitando a sua ignorancia, e empregando unha imaxe de comunidade moi lonxana ó que despois demostran cos feitos. Non o podo saber, pero si creo que este “apoio” de FON ó Software Libre non é senon outra forma de manter a imaxe de “comunidade” e “cooperación” que empregan para que a xente participe no seu proxecto empresarial, sen producir máis beneficio que o lucro para a propia empresa FON, pero reducindo as posibilidades de outras iniciativas, cunha finalidade realmente social, que se ven empañadas polas campañas publicitarias de FON.Non creo que sexa bo para niguén facer eco de comunicados deste tipo, nos que unha entidade abusa do Software Libre simplemente por que da boa imaxe e “mola”. Non podemos seguir “politizando” o software libre, e esta é outra forma de facelo.

Espero que publiquedes unha rectificación sobre o proxecto OpenWRT e que retiredes a nova publicada dando publidade a FON.

Saudos.

FON

domingo, abril 22nd, 2007

logofon1.pngFon é unha iniciativa empresarial, posta en marcha por Martín Varsavsky, que se baseada na oportunidade de acceder a Internet desde os puntos de acceso WiFi de voluntarios. A idea é que quen o desexe comparta parte do seu ancho de banda con outras persoas empregando un punto de acceso (AP) especialmente deseñado coñecido como “Fonera”.

A actividade de Fon se centra en promover a instalación de Foneras por parte de novos usuarios e na mellora da propia Fonera en sí, e de complementos para a mesma, como por exemplo antenas.

O funcionamento da idea é a seguinte: se instalas e mantes en funcionamente unha Fonera obtes contraprestacións de un de dous tipos. Podes optar por poder acceder gratuitamente a Internet desde as Foneras do resto de participantes en Fon en calquera parte do mundo ou podes elixir recibir unha contraprestación económica cada vez que unha persoa que non participa en Fon emprega a túa Fonera.

Se unha persoa allea ó proxecto quere empregar o acceso a Internet proporcinado por unha Fonera dun participante, ten que pagar unha cantidade de 3€, o que lle proporciona acceso durante 24h.

A inicitiva como tal está ben. O que quere participa e o que non quere non o fai. Desde logo, que a cousa vai a diante é unha boa iniciativa empresarial, Fon recibe os cartos da xente que emprega as conexións proporcionadas polas Foneras, paga unha parte ós participantes que optaron pola retribución económica, e a únicamente realiza inversión en publicidade e unha discreta inversión no desenrolo da Fonera. Agora ben… non todo é tan claro.

Se accedes á páxina web de Fon verás que as cousas non se expoñen así de claras. Todo se plantexa con unha imaxe de “colegueo” e amizade, facendo referencias con frecuencia á “comunidade Fon”. En definitiva, búscase facer sentir ás persoas que están a participar nunha especie de iniciativa solidaria, unha especie de asociación que busca un obxetivo común. Por exemplo, definen a súa “Fonera” coma un “router social” (¿¿??). Así que se a iniciativa en sí (en princio) é perfectamente lícita, non o é o xeito no que se presenta ó publico. ¿Porque?.

Por outra parte está a relación con outros operadores de Internet. Se o miramos ben, Fon está a construir unha rede propia para proporcionar acceso a Internet. Se o acceso ás Foneras estivese restrinxído só os “Foneros”, non habería problema. Trataríase dunha asociación entre persoas para compartir o acceso a Internet uns cos outros. Pero a cuestión é que se aluga o acceso a calquera que pague os 3€ diarios. Os que teñades acceso a Internet propio, se mirades a “letra pequena”, poderedes atopar unha ou duas clausulas que din que o acceso a Internet se proporciona únicamente para o uso dentro do domicilio asociado ó contrato e que o acceso a Internet non poderá ser subarendado ou redistribuido. Fon incumple, ou os Foneros incumplen, estas dúas clausulas do contrato que manteñen cos seus proveedores de acceso a Internet. Polo de agora as compañias proveedoras de servicios de Internet non meten baza no asunto, pero se a “rede de Fon” medra e empeza a afectar á cuota de mercado de outras operadoras… xa veremos o que sucede.

Por outra parte… ¿a que persoa lle pode interesar ser cooperar con Fon?. Inicialmente temos tres perfiles de persoas.

  1. Os que queren facer negocio ou rentabilizar o seu acceso a Internet (os que en Fon chaman Bills). Se o que desexas é facer negocio no noso pais, para proporcionar acceso a Internet de xeito profesional, deberás cumplir unha normativa específica e obter os permisos axeitados. Se o que queres é que a conexión a Internet che salga máis barata, é mellor que te poñas en contacto con un ou dous veciños para compartir a conexión e a factura. Xa empezan a aparecer comunidades de veciños que fan unha instalación de Internet comunitaria pagada en conxunto, que permite ter unha conexión de maior velocidade por precios moito máis asequibles. Tamén podes montar un punto de acceso con servicios similares ós da Fonera, obligando a quen pretenda usar o teu acceso a Internet a poñerse en contacto contigo e a contribuir na factura da conexión, sen necesidade de que Fon se quede con parte dos cartos.
  2. Se o que pretendes é compartir o teu acceso a Internet, por que crees que iso é bo e axuda a outras persoas, non necesitas para nada a Fon. Polos cartos que costa a Fonera podes mercar outros puntos de acceso mellores e permitir que calquera acceda á tua conexión sen necesidade de gastar ¡¡3€ por día!! (sae algo caro ¿non?).
  3. Por último están os que queren compartir o seu acceso, pero só con outras persoas que lles deixen acceder de xeito recíproco. Estas persoas, necesariamente, poseerán un portatil e viaxarán con frecuencia. De outro xeito Fon non lles aportará nada, por que se xa tes acceso a Internet na túa casa so te beneficiarás cando saias dela. ¿Cantas persoas poden coincidir con este perfil?. Son dabondas como para montar unha rede con suficiente presencia como para atopar outros nodos cando saias de viaxe?.

Realmente coido que as persoas que mercaron unha Fonera, ou simplemente ás que lles regalaron unha Fonera e a conectaron ó seu acceso a Internet non se pararon en recapacitar sobre todo esto. Simplemente se deixaron lebar pola “sensación de comunidade” que Fon transmite na sua publicidade e se deixaron seducir, sentindose participes dunha comunidade realmente inexistente.

A miña opinión é que Fon é unha iniciativa empresarial brillante, no senso de que require relativamente pouca inversión e esforzo e (gracias á inconsciencia da xente) pode producir beneficios considerables. O malo é que é unha iniciativa empresarial esteril. Non produce ningún tipo de beneficio social e se basea no engano e explotación de recursos alleos.

¿De quén é culpa isto? ¿do promotor da iniciativa? ¿dos publicistas contratados? ¿da cidadanía por non informarse e ser criticos?. Desde logo a responsabilidade primeira é do promotor da iniciativa. El é quen ten a última palabra.

O negocio parece estar a sairlle ben. De algún xeito conseguiu que empresas como Skipe ou Google apoien o proxecto. Mesmo firmou un acordo coa La Federación Nacional de Asociaciones de Ingenieros en Informática polo que esta axuda ó desenrolo das tecnoloxía que Fon necesita acambio de Foneras (é dicir, a cambio de ampliarlle o negocio a Fon). E é que nos dan un regaliño nin nos cuestionamos se nos interesa ou non… a cabalo regalado non lle míre-lo dente… ainda que teña a sarna e cha poda pegar.

Vivir para ver.

O Software Libre na XGN 2007

domingo, abril 15th, 2007

Este ano, como o anterior, o Software Libre tivo a oportunidade de ser representado na XuventudeGaliza.Net.

Os ponencias respecto ó tema non foron especialmente ben acollidas. A escepción a esto foi a mesa organizada pola Consellería de Industria. Probablemente o sorteo que se realizou ó final de unha interesante cantidade de material electrónico tivo moito que ver. Poderíamos discutir a conveniencia ou non deste tipo de incentivos.

O espacio destinado ós obradoiros de Software Libre tiveron unha boa afluencia de xente. Especialmente o venres á tarde e o sabado á tarde e á noite.

Ainda que este ano a avaliación final da experiencia é positiva déronse certas circunstancias que resultaría importante evitar para próximas ocasións:

  • A organización deixou pasar moitas oportunidades de empregar (e amosar) Software Libre no evento: o ciber e as pantallas xigantes poderían empregar Software Libre fácilmente e sen que supuxese problema algún. Esto crea a imaxe de que “nos non empregamos software libre, pero o facemos presente por que queda ben”. O que por outra banda, non deixa de ser certo (o que teño que dicir sobre esto xa o dixen no artigo anterior).
  • As actividades porpostas e realizadas polos GUL non apareceron na programación oficial.
  • Os espacios asignados ás actividades dos GUL foron os máis agochado, invisibles e dificiles de atopar de todo o Pazo de Congresos.

Máis abaixo analizaremos o porqué destos dous últimos puntos.

As actividades realizadas no XGN polos GUL incluiron as seguintes charlas e obradoiros:

  • Mesa sobre o proxecto Mancomun.org
  • Mesa sobre a evolución de Internet e a sua funcion como soporte ás redes sociais
  • Charla sobre a evolución dos escritorios en GNU/Linux e as novidade actuais sobre o tema.
  • Demostración das ferramentas e recursos de progamación de aplicacións para Gnome.
  • Obradoiro de instalación dun mediacenter en entorno GNU/Linux: “Elisa”.
  • Obradoiro permanente de Software Libre.

Adicionalmente repartironse exemplares do libro “Documentos pra unha informática real”; recopilación de documentos que aportan as bases de coñecemento e a perspectiva necesaria para comprender a situación actual da informática persoal e a sua repercusión na sociedade. Tamén se repartiron pegatinas e chapas entre os asistentes ás actividades.

A valoración e conclusións que podemos extraer son as seguintes.

  • Nos próximos anos é necesario sincronizar mellor a proposta de actividades para fuxir de coincidencias con outras ofertas. Probablemente o mellor sexa centrarse no horario nocturno.
  • Os temas técnicos son mellor acollidos que os de índole social ou teórica. As charlas sobre novidades, sobre como facer esto ou o outro son mellor acollidas que as de ética, repercusión social, etc. É necesario ter esto en conta á hora de publicitar as actividades. Poida que tamén á de elixir as publicacións.
  • É necesario facer presión (ou buscar a vía que sexa) desde xá para que a implicación de Xuventude co Software Libre sexa maior. Máis real, se pode dicir. A miña opinión persoal é que están completamente á marxe do tema, escoitan campanas, pero necesitan que alguén os informe. Eles non o van facer por si mesmos.
  • A XGN ten unha inercia importante, por tamaño e antiguidade. O tipo de público é marcadamente “jugón-leecher”. Temos que incluir na proposta de actividades actividades dirixidas a este público, pero tamén podemos modificar o tipo de público da XGN. Nese senso vai o seguite punto…
  • Creo que sería boa idea empezar a traballar xá o XGN do 2008 e facelo de forma pública. Esto podería xerar espectativas e facer que na próxima edición a implicación do público fose moito mellor. Contamos con medios para facernos ver entre o público potencial da XGN. Organicemos actividades que atraian ó tipo de público que a nos nos interesa para que o tipo de demanda na XGN cambie. Empezara traballar agora e de xeito público e aberto permitirá a implicación de colectivos e iniciativas que se sumarán á demanda da edición do 2008.
  • Existe unha forte presión de entidades comerciais sobre a XGN. Non creo que podamos cambiar iso, pero sí podemos competir con iso. Eles teñen cartos, nos temos xente, argumentos e o poder do software e as redes.
  • Os problemas da non aparición na programación oficial e da asignación de un mal espacio dentro do pazo de congresos foron, ó parecer, consecuancia de que algun dos empregados para a organización do evento non tomaron en serio a inclusión do Software Libre dentro do evento. Probablemente sucedeu o mesmo co non emprego de SL no ciber e nos equipos da organización. A subdirección de Xuventude delegou e confiuo (demasiado na miña opinión) nesas persoas e estas non nos tiveron en conta ate o dia en que nos presentamos no Pazo de Congresos, a 3 días da XGN. Fornte a esto o único que nos queda é a pataleta, pero se imos patalear… fagamos que treme o mundo.

Existe a posibilidade de que o próximo ano Mancomún.org esté implicado desde o principio na organización da XGN. Nos imos propoñer que así sexa, e que desde xa se lle asigne espacio e recursos dentro do evento. Iso facilitará moito a comunicación dos GUL coa XGN, xa que os GUL só terían que dialogar entre si e con Mancomún.org, que nos entende perfectamente.

Estas son as miñas ideas. Agora a ver cal é a realidade.

Web 2.1 - Espantoso nome para unha interesante idea.

luns, marzo 5th, 2007

Nos últimos días aparecen varias noticias que pretende darlle outro puxo á liberdade en Internet. E non é que vaian facer Internet máis libre, senon que achegarán a liberdade de Internet a máis persoas.

Trátase de dous sistemas que pretenden facilitar a creación de contidos para Internet desde o noso propio PC. Se esta idea medra, cada ordenador doméstico rematará por convertirse nun servidor, co que a distribución dos contidos pola rede estaría xá un 99% en máns da cidadanía.

Por un lado está Hybrid Share. Pretende ser un xeito de compartir arquivos en Internet, como outras aplicacións P2P, pero coa diferencia de que se empregarían grupos de amigos, en plan mensaxería instantanea para controlar o acceso ós mesmo. Isto nos permitirá compartir arquivos de xeito controlado, de forma similar a como se fai nas redes locais, e sen necesidade de grandes coñecementos técnicos.

Ademáis agora presentan izimi que nos permitirá ter o noso blogue, fotoblogue, podcast… aloxados no noso propio equipo, só arrastrando e soltando os contidos que desexemos publicar.

¿Coñecedes máis aplicacións de este tipo?