Archive for the 'Barrio' Category

Chao, Sol.

Domingo, Maio 18th, 2008

Posta de sol

Esta tarde presencie a posta de sol mais impresionante de todas cantas vin na miña vida. As fotos, tiradas co movil, son un intento absurdo de capturar o inconmensurable, pero é todo canto podo poñer aquí.

A posta de sol era un ceo de lume dourado. Ouro e lume.

Fotos

Coñece o Linux hoxe en Vite

Martes, Maio 6th, 2008

Ubuntu Linux preinstaladoHoxe ás 17:30 quen o desexe poderáse achegar ó Centro Socio-Cultural José Saramago, en Vite para participar nun obradoiro prático de achegamento ó xa coñecido por todos “Linux”. Quenes asistades teredes a oportunidade de probar unha das últimas versións deste sistema, de coñecer o seu uso e mantemento básico e as ferramentas que incorpora para moverse por internet, para a oficina ou simplemente para xogar. Poderédes facer tódalas preguntas que consideredes oportunas sobre o tema e mesmo anotarvos para un vindeiro obradoiro no que quen o desexe poderá instalar este novidoso, atractivo e prático sistema operativo no seu ordenador.

El secreto de la felicidad (en gran medida)

Domingo, Decembro 30th, 2007

-. Ante todo, cultiva tus amistades.
-. Dispón de un espacio para vivir, en donde puedas mantenerte en contacto con tus amig@s durante muchas horas al dia.
-. Dispón de un rincón secreto, en el que puedas desaparecer del mundo algunos momentos cada dia (o casi).
-. Busca a tu(s) pareja(s) entre aquell@s que disfrutan de buenas y grandes amistades.

-. Mantente alejado de quien no pasa buena parte de su tiempo disfrutando de sus amistades.

Flores de Bach

Xoves, Outubro 4th, 2007

Os días 7 e 14 de Outubro vou organizar un pequeno curso de introducción ó sistema da Flores de Bach. O horario, os dous dias, será aproximadamente de 16:30 a 19:30 e o precio é de 20€ por persoa. Os interesados podedes deixar un comentario a esta noticia para que me poña en contacto con vos.

P.S.:

Deixo unha copia do borrador do manual que entregarei no curso para que o disfrute quen queira.

Está en formato ODT, que podedes abrir con varios procesadores de texto libres e gratuitos. Se ainda empregades o antiguo Microsoft Word, podedes descargar un engadido para que o Word poda abrir o documento, pero o que eu che recomendo é que te pases directamente a outra cousa, como OpenOffice.org

Contratos da Rede de Centros Socioculturais

Sábado, Setembro 15th, 2007

Onte din unha charla no Centro Sociocultural de Conxo (CSC). Estaba englobada dentro das actividades da semana cultural. O caso é que desde a organización pretenderon dar unha gratificación os ponentes das charlas, así que a semana pasada recibin unha chamada do CSC pedindome unha fotocopia do DNI, do número de conta, e o número da seguridade social. Todo comprensible.

O interesante foi o que pasou uns dias despois, este mercores pasado. A eso das duas da tarde recibo unha chamada da empresa “nonsei que” que se dedica a “non sei canto”, de Burgos, referente á charla que vou dar o venres no CSC. O primeiro que penso é que de súpeto o mundo se volveu tolo e queren que vai a Burgos a dar outra charla, pero non. Resulta que o motivo da chamada, dinme, “é facer o contrato para poder ingresarme os cartos en pago por unha hora da impartición da charla”. Deixanme alelado.

Mentalmente fago unha recomposición de lugar: unha empresa de Burgos chámame para facerme un contrado para que de unha charla no CSC de Conxo de unha hora de duración pola que se me vai a pagar…

- Disculpe, ¿canto di que me vai pagar?

- Una hora. 18 euros.

… 18 euros. Ven… isto debe de ser unha broma. Así que o Concello contrata á xente que realiza actividades nos CSC mediante unha empresa de Burgos. Non teño nada en contra de Burgos, pero teño que entender que para que os 18 euros cheguen ó meu peto, necesariamente sairán 18+x cara Burgos, e é dificil de creer que non teñamos empresas en Compostela que se podan facer cargo dese traballo.

Non me quedou máis remedio que pedir á persoa que me chamaba que non seguise adiante co tema do contrato. Quero poder falar con tranquilidade cando me dirixa ó responsable da Rede de Centros Socioculturais. Entendo que este “mecanismo” de contratacións-pagos está instaurado desde antes das eleccións, pero agora el é responsable de que a cousa cambie.

Presupostos de miles de euros para finalidades varias que se van desgastando en intermediarios encargados de facer tramites e cubrir papeis, para que ó final as persoas que fan o traballo efectivo reciban unha porcentaxe mínima. Cartos públicos que van parar fora da do territorio. Administración burocrática, centrada en xustificar as súas accións de xeito legalista no canto de en buscar o máximo beneficio para a cidadanía.

A ver se nos poñemos as pilas, e desterramos este tipo de cousas de unha vez.