Un amigo pasoume uns discos. Entre eles Midsummer’s Night de Dervish. Sons irlandeses espidos, dos que non se pode saber se son alegres ou amargos. Seguramente alegres a pesar da amargura. Ou ó revés.
Fai tempo este tipo de música ía conmigo alí onde fora. Ainda non existían os MP3 e o CD portatil tardou en chegar ás miñas máns. Pero a música ten a ventaxa de non ocupar lugar, así que durante moito tempo na miña cabeza houbo un espacio reservado para a tin whistle, o bodhram e a cláirseach.
Agora estos sons están novamente conmigo. Amargos. Doces. Sen que ninguén os chamara. Permitireilles quedarse. Non por eles, a eles xa os coñezo. Xa estou canso do seu lamento constante. Agora prefiro o canto aberto e vibránte. Infiníto. Ilimitado. Pero en honor á amizade permitireilles quedarse; ainda que só por un tempo.
Os meus parabéns para Irlanda. Puta Irlanda. Saúde!!!.
xullo 11th, 2008 at 12:33 pm
Sei que non ten nada que ver, máis hoxe vin na prensa que se estrea unha película onde aparece Irlanda (a puta Irlanda ;-) ) coma unha persoaxe máis…
Chamárona “Postdata: Te quiero” (o título orixinal será algo así como “Dudes blowing pipes at eleven o’clock” por aquilo da semellanza razoable nos títulos… he he he…)
Pois iso, ISO.
http://lagodebarro.blogspot.co.....ecibe.html pra botar un ollo.
Boa finde.