Luz

Ás veces hai persoas ás que se lles debe á vida. Ós pais, por suposoto. Especialmente ás nais. Pero tamén a outras persoas, dun xeito máis sutil e menos directo.

E non é que estas persoas fagan nada especial por un. Non é necesario que teñan feito grandes sacrificios nen incribles actos de abnegación. Ás veces non son necesarias tan sequera verbas. Nada desto ten porqué ser necesario… ás veces.

Ás veces pode chegar cunha mirada que non se afasta e un silencio en resposta. Un sorriso, unha bagoa. Un acorde compartido de dous fios de pensamento vibrando máis aló do ar. O perfume intanxible do espíritu. A resistencia das moléculas resonando coa mesma forza no mesmo acorde. Tepedeza dunha aperta devolvendo ó sangue a vida que esquecera desde un instante eterno ata ese instante.

Esa é a forza que ás veces se pode recibir doutra persoa. O reflexo dun ti mesmo olvidado resoando nun outro ti enunciando “estas aquí”. Si, e se ti non tiveses chegado, non estaría.

3 Responses to “Luz”

  1. pakolas Says:

    HA!
    Vale socio…
    SI

    _o)
    /\\
    \ V LiGNUs

  2. Salsero Mayor Says:

    Güel. Dacordo.
    Mágoa que pra acada-lo título de Pai-Nai-Fillo/a só é imprescindible nacer e (no caso), reproducirse; cousas todas para as cales a humanidade leva séculos tentando atopar unha administración homoxénea que conleve unha asunción de responsabilidades (deberes e obrigas) inalterables.
    -Unha especie de BIOS-xenético imborrable e incuestionable-

    Máis o comportamento errático, desordeado e desobediente da condición humana en sociedade, empecínase en demostrar que ese “comando” só obedece á socialización de cada indivíduo, por eso COMA BEN DIS, o recoñecemento abnegado da filiación non necesita demostracións… AS VECES.

    Nestes puntos cardináis suponse (aquelo da “Campana de Gauss”) que a maioría recoñecemos esas sensacións “wireless” que nos vinculan os pais cos fillos, máis nesta sociedade de información desbordante tamén vemos coma non sempre se establecen ditos “fíos” ou sensacións para-filiáis, sendo substituídas polos afastados do comportamento inmerso no inconsciente colectivo.

    Coma mostras destes casos atípicos atopamos casos nos que os páis tiveron comportamentos “non axeitados” (deixémolo ahí…) e os fillos revélanse contra-natura. ou ben casos como a filla de dous disidentes pinochetistas que tras mata-los seus pais naturáis, foi adoptada, criada e pode que mimada por adeptos ó Réxime contra os que 30 anos máis tarde se querellaría, facendo unha brecha entre a filiación natural e a adoptiva.

    Moi bó ese “…as veces”.

  3. Anxo Says:

    Co tempo, un aprende…

    Despóis dalgún tempo aprenderás a diferenza entre dar a man e socorrer un alma.

    Aprenderás que amar non significa apoiarse, e que compaña non sempre significa seguridade.

    Comenzarás a aprender que os bicos non son contratos, nin regalos, nin promesas…

    Comenzarás a aceptar ás túas derrotas coa cabeza ergueita e a mirada ó fronte, coa graza dun neno e non coa tristeza dun adulto e aprenderás a construir hoxe todo-los teus camiños, porque o terreo de mañá é incerto para os proxectos e o futuro ten a costume de caer no valeiro.

    Despóis dun tempo aprenderás que as persoas boas poidan ferirte algunha vez e necesitarás perdoalas.

    Aprenderás que falar pode aliviar ás dores da alma…

    Descubrirás que leva anos constuir confianza e apenas uns segundos destruila e que ti tamén poderás facer cousas das que te arrepentirás o resto da túa vida.

    Aprenderás que as novas amizades continuan crecendo a pesar das distancias e que non importa que é o que tes na vida senón a quén tes na vida, e que os bos amigos son a familia que nos permitimos escoller.

    Aprenderás que non temos que cambiar de amigos, se estamos dispostos a aceptar que os amigos cambian.

    Descubrirás que leva moito tempo chegar a ser a persoa que queres ser, e que o tempo é curto.

    Aprenderás que non importa a onde chegaches senón a onde te dirixes, e se non o sabes calquera lugar serve.

    Aprenderás que as circunstancias e o ambiente que nos rodea ten influencia sobre nos, pero nos somos os únicos responsables do que facemos.

    Aprenderás que se non controlas ós teus actos eles te controlarán e que ser flexible non significa ser débil ou non ter persoalidade, porque non importa canto delicada e fráxil sexa unha situación: sempre existen dous lados.

    Comezarás a aprender que non nos debemos comparar cos demáis, salvo cando queramos imitalos para mellorar.

    Aprenderás que héroes son as persoas que fixeron o que era necesario, enfrentando ás consecuencias…

    Aprenderás que a paciencia require moita práctica.

    Descubrirás que algunhas veces, a persoa que esperas que te manque cando caes, tal vez sexa unha das poucas que te axuden a levantar.

    Aprenderás que hai moito máis dos teus pais en tí do que supos.

    Aprenderás que nunca se debe dicir a un neno que os seus sonos son parvadas, porque poucas cousas son tan humillantes.

    Aprenderás que cando sintas rabia, tes dereito a tela, pero iso non te da dereito a ser cuel.

    Descubrirás que só porque alguén non te ama da forma que queres, non significa que non te ame con todo o que pode.

    Aprenderás que non sempre é abondo ser perdoado por alguén, algunhas veces terás que perdoarte a tí mesmo.

    Aprenderás que coa mesma severidade coa que xuzgas, tamén serás xuzgado e nalgún momento ordeado.

    Aprenderás que non importa en cantos pedazos se partiu o teu corazón, o mundo non se deterá para que os arranxes.

    Co tempo comprendes que só quen é capaz de amarte cos teus defectos sin pretender cambiarte, pode brindarte toda a felicidade.

    Aprenderás que a vida vale máis cando tes o valor de enfrentala.

    Despois dun tempo,
    un aprende a sutíl diferenza entre dar a man e encadear un alma,

    E un aprende que amor non significa acostarse,
    e unha compaña non significa seguridade,
    E un empeza a aprender…
    que os bicos non son contratos,
    e os regalos non son promesas.
    E un empeza a aceptar as súas derrotas coa cabeza alta e os ollos abertos.

    E un aprende a constuir todos os seus camiños no hoxe,
    porque o terreo de mañá e demasiado inseguro para plans…
    e os futuros teñen unha forma de caerse na metade.

    E despóis dun tempo un aprende que,
    si é demasiado,
    ata o calorciño do sol queima.

    Así que un pranta o seu propio xardín,
    e decora a súa propia alma,
    En lugar de esperar a que alguén lle traia flores.
    E un aprende que,
    realmente pode aguantar,
    que un realmente é forte,
    que un realmente vale,
    E un aprende e aprende, …

Leave a Reply