Creación de empresas

Onte tocou asisitir como alumno a un mini-curso de presentación dos novos materiais de BIC Galicia sobre autoemprego. A verdade que foi máis interesante do que eu agardaba.

Os materiais están ben pensados para o traballo en clase, incluen as referencias necesarias e fan moito fincapé en aclarar os conceptos de “empresa”, “empresario” e “emprendedor”, así como nos xeitos de validar as ideas antes de iniciar o proyecto de empresa. Tódolos libriños para os alumnos estarán dispoñibles dentro de pouco na páxina web de BIC Galicia.

Agora toca compartir o dito material cos alumnos, a ver se lle poden sacar partido.

Leave a Reply