xun
13
En casa temos unha cunca grande de madeira, chea de noces. Cando paso pola cociña collo algunha noz e miro de abrila apretandoa cos dedos. Algunhas están moi duras e as deixo outra vez na cunca, pero sempre atopo algunha que está máis doada de abrir e difruto comendoa.
Ó final sempre pasa o mesmo. As noces duras rematan no final da cunca e cando xa non queda ningunha noz facil de abrir, hai que roer nas duras.
Pregúntome ata que punto a vida parécese a unha cunca de noces.
xuño 17th, 2008 at 8:10 am
Hola Daniel, pois vas ter razón.
Cando temos a información accesible, non nos tenta a gardala para os imponderables do futuro, é dicir imos polo doado que é pensar: “está ahí na rede, cando me faga falta xa a volvo a buscar”…
Pois resulta que cando a buscas xa non está. Só ahi unha NOZ DURA.
Digo esto porque teño burocracia pendente co concello (empadroamento, parellas de convivintes… etc) e rematan os prazos adtvos. así que hoxe chegarei tarde á clase por mor da admón. que só “curra” pola mañá.
E tentaba atopa-lo teu E-enderezo gugueleando e nada. Só unha ducia de noces duras.
Así que ó final, por non colle-las noces da información no seu tempo, teño que deixa-lo recadiño no blog.
A ver se non tardan moito…
NOCES!!!
xuño 17th, 2008 at 8:15 am
PERDÓN POR TANTA FALTA DE ORTOGRAFÍA.
É que son diglósico perdido, e xa se sabe…
xuño 20th, 2008 at 8:26 pm
Resignado, tiven que quedar na cama hoxe polo catarrazo, era de esperar…
Deixo unha imaxe simpática:
http://sp8.fotologs.net/photo/.....0089_f.jpg
[img http://sp8.fotologs.net/photo/8/5/16/_jm...[/img]
BOA FIN DE SEMANA A TOD@S.
xuño 24th, 2008 at 9:14 pm
Post-San Xoan…
Xa comentaches o tema este do contrasinal único no curso, pero realmente ¿terá apoio global? ¿canto tempo tardarán en sacar algunha aplicación para reventa-lo temiña?
Deixo a noticia:
http://www.theinquirer.es/2008.....senas.html