Noces

NocesEn casa temos unha cunca grande de madeira, chea de noces. Cando paso pola cociña collo algunha noz e miro de abrila apretandoa cos dedos. Algunhas están moi duras e as deixo outra vez na cunca, pero sempre atopo algunha que está máis doada de abrir e difruto comendoa.

Ó final sempre pasa o mesmo. As noces duras rematan no final da cunca e cando xa non queda ningunha noz facil de abrir, hai que roer nas duras.

Pregúntome ata que punto a vida parécese a unha cunca de noces.

4 Responses to “Noces”

  1. Salsero Mayor Says:

    Hola Daniel, pois vas ter razón.

    Cando temos a información accesible, non nos tenta a gardala para os imponderables do futuro, é dicir imos polo doado que é pensar: “está ahí na rede, cando me faga falta xa a volvo a buscar”…
    Pois resulta que cando a buscas xa non está. Só ahi unha NOZ DURA.

    Digo esto porque teño burocracia pendente co concello (empadroamento, parellas de convivintes… etc) e rematan os prazos adtvos. así que hoxe chegarei tarde á clase por mor da admón. que só “curra” pola mañá.

    E tentaba atopa-lo teu E-enderezo gugueleando e nada. Só unha ducia de noces duras.
    Así que ó final, por non colle-las noces da información no seu tempo, teño que deixa-lo recadiño no blog.
    A ver se non tardan moito…
    NOCES!!!

  2. Salsero Mayor Says:

    PERDÓN POR TANTA FALTA DE ORTOGRAFÍA.

    É que son diglósico perdido, e xa se sabe…

  3. Salsero Mayor Says:

    Resignado, tiven que quedar na cama hoxe polo catarrazo, era de esperar…

    Deixo unha imaxe simpática:

    http://sp8.fotologs.net/photo/8/5/16/_jmv_/1213897020089_f.jpg

    [img]http://sp8.fotologs.net/photo/8/5/16/_jmv_/1213897020089_f.jpg[/img]

    BOA FIN DE SEMANA A TOD@S.

  4. Salsero Mayor Says:

    Post-San Xoan…

    Xa comentaches o tema este do contrasinal único no curso, pero realmente ¿terá apoio global? ¿canto tempo tardarán en sacar algunha aplicación para reventa-lo temiña?

    Deixo a noticia:

    http://www.theinquirer.es/2008/06/24/microsoft_google_y_paypal_se_unen_para_suprimir_las_contrasenas.html

Leave a Reply