Archive for maio, 2008

Coñece o Linux hoxe en Vite

martes, maio 6th, 2008

Ubuntu Linux preinstaladoHoxe ás 17:30 quen o desexe poderáse achegar ó Centro Socio-Cultural José Saramago, en Vite para participar nun obradoiro prático de achegamento ó xa coñecido por todos “Linux”. Quenes asistades teredes a oportunidade de probar unha das últimas versións deste sistema, de coñecer o seu uso e mantemento básico e as ferramentas que incorpora para moverse por internet, para a oficina ou simplemente para xogar. Poderédes facer tódalas preguntas que consideredes oportunas sobre o tema e mesmo anotarvos para un vindeiro obradoiro no que quen o desexe poderá instalar este novidoso, atractivo e prático sistema operativo no seu ordenador.

Dispersión

luns, maio 5th, 2008

Non é facil centrarse, desde logo. Na casa hai demasiado movemento e a escaseza de pelas o empuxan a un a andar a salto de mata. Ademáis, as arelas seguen a reclamar o seu espacio no tempo e súmanse á ansiedade.

Esta tarde mentras quentaba unha fideua para a cea das pequenas estaba tentando de rematar de montar o hosting de máquinas con UML. Montar un bridge nun servidor remoto desde unha sesión ssh non parecia moi boa idea e finalmente resultou ser moi mala idea, así que alguén vai ter que reiniciar ese servidor. Tamén era espectador activo dunha extraña instalación de Ubuntu sobre un RAID por hardware. Uns minutos despois un portatil chegaba á miña casa para montarlle os drivers que windows non ten. O que estaba pendente era o manual de seguridade (está casi maduro pero faltalle un chisco) o periodico do centro sociocultural e mais o curso de formación contínua. A aula de Vite para a charla e eu que sei qué máis cousas…

¿A qué ando? ¿a qué estou?.

Dispersión

Adrenalina

luns, maio 5th, 2008

AdrenalinaO pasado fin de semana o meu benquerido Alfonso sentiu por primeira vez a sensación de ser pai. Os comentarios, os de sempr: que é algo dificil de expresar e que cambia o sentido e o sensentido de moitas cousas. E falando diso a conversa camiñou cara as cousa da educación e logo cara as da “mocidade de agora”. Alfonso, quen nos oira diria que imos vellos, pero non fagas caso, é so que temos máis vida en nós.

Rematamos falando da adrenalina. Do calor no sangue. De que na nosa mocidade sentiamos as amenazas relativas do pai riguroso e o profesor disciplinario, co risco da perda dos privilexios acadados a base de transcorrer de anos e do esforzo de demostrar, ou de facer ver, ás veces, que eramos dignos de disfrutar dos mesmos. O sentemento de perigo fai verquer adrenalina que quenta o sangue e da vida. Agora a mocidade, moitas veces, parecera que tivera o sangue frio. Xa non se sinte o risco.