Unha cousa que me chamou a atención no principio do curso que estou a impartir en perTIga é a cantidade de DNI electrónicos que xa están en funcionamento. Coido que ó rededor da miade dos alumnos ou máis xa andan co trébello no peto. Por suposto, tratándose dun curso de seguridade, no intre que saiu a palabra “certificado dixital” xurdiu o tema do eDNI, do que, por certo, ate o de agora non me preocupara demasiado (por non dicir nada).

Supostamente todos deberíamos de estar contentos porque vivimos nun pais ultramoderno no que tódolos cidadáns poderán empregar a máis moderna tecnoloxía enseguridade dixital. E iso está ben, porqué non. Pero, ¿non falta algo?. Antes de seguir podedes mirar este par de artigos. Non vos preocupedes, os dous son doados de seguir:

FNMI: Inseguro por defecto

Fallo en PKI compromete la firma digital

Dun e outro podemos sacar a mesma conclusión. Os sistemas de identificación dixital que se están a adopatar por parte da administración són fiables só en máns de persoas que sepan o que están a facer. Non só iso, senon que ademáis as perosas que empreguen estos sistemas (eDNI, certificados da FNMT) sen estar seguros do que están a facer pódense meter nalgún lío gordo, pois calquera documento firmado por estos médios terá a mesma validez que unha firma manuscrita.

A Administración debería de deixar claro ós cidadáns os riscos do uso indebido destes mecanismos, pero claro, o que “mola” a nivel político é que millóns de persoas se lancen en busca do gizmo dixital e poder dicir que o pais está en cabeza da identificación dixital. Non vaimos a asustar á cidadanía e suframos unha regresión á idade de pedra.

É importante que tódalas persoas teñamos en conta unha cousa: a seguridade informática depende en último termo da formación do usuario e de este asuma a sua responsabilidade, non é posible crear un Internet seguro tal e como hoxe o ceñecemos, só é posible formar ós usuarios para que adopten comportamentos seguros.

Non sei, pero se cadrá seria necesario obrigar a quen desexe obter un certificado dixital a seguir un curso no que se ensinasen as políticas axeitadas de emprego e os riscos que se corren, e pasar un examen… e de paso a firmar un contrato en papel, para que pareza máis real. Deste xeito todo o mundo sería coñecedor da responsabilidade que está asumindo ó empregar este tipo de medios.

Leave a Reply

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>