Curso seguridade

Hoxe foi o segundo dia do curso de seguridade. Moito lio coas altas e baixas de alumnos e primeiros tanteos para determinar o nivel inicial e as demandas do alumnado.

Estou contento coa academia e co alumnado. É a primeira vez que un grupo de alumnos me montan unha topoloxía de catro subredes enrutadas entre si e cara Internet en un par de horas, deixando o tempo das explicacións a parte.

Á fin vou dar por rematado, polo de agora, o manualiño de seguridade. Non é que estou satisfeito, pero creo que cheguei a un punto de saturación. Deixarei como está a primeira versión e agardarei a que xurda a inspiración para seguir traballando nel. Podedes collelo na páxina de sempre.

Agora teño que empezar co manual de probas de penetración, porque o anterior cíñese á parte conceptual, xestión de riscos e demais. Se non atopo un manualiño mínimamente práctico sobre probas de penetración tocaráme facelo a min.

Estou que morro de sono.

Leave a Reply