Pega un Boinc para cambiar o mundo

Click para ver a orixe da imaxeXa me pasou o mesmo outra vez, pero e que síntome culpable por ter prendido o ordenador cos “torrents” de Internet. E xa sei que as cousas están para usarse, pero un ordenador consume enerxía e as cousas non están para bromas.

Por sorte tenño a medicina ideal para os remordementos. Boinc. É un software de computación distribuida. ¿Qué quere decir eso?. Que é un xeito de que unha chea de ordenadores calculen entre todos algo que calquera ordenador necesitaría meses ou anos para calcular. ¿Qué ten iso que ver cos remordementos polo consumo eléctrico? pois que hai moitos proxectos en Internet que empregan Boinc para realizar calculos para investigar cousas que nos interesan a todos: atopar vacinas, calcular modelos de predicción meteorolóxica, ou buscar xeitos de mellorar as produccións de alimentos, ou buscar vida extraterrestre (SETI@home).

A idea é que instalemos unha aplicación no noso ordenador, de xeito que se aprobeita o tempo que o microprocesador está sen facer nada (que é a maioría do tempo na maioría dos ordenadores) para obter datos destos proxectos, realizar os calculos e mandar o resultado ó servidor do proxecto.

Podes empezar a informarte nun dos moitos proxectos que están en funcionamento:

World Comunity Grid

se buscas en Internet poderás atopar moitos máis proxectos, por exemplo aquí: Lista de proxectos na páxina de Boinc!

Para os que teñades Ubuntu e querades instalar o software e participar nun proxecto:

sudo aptitude install boinc-client boinc-manager

En Aplicacións->Ferramentas do sistema, atoparás a aplicación que che permitirá conectarte ós proxectos e seguir os progresos nos cálculos que faga a tua computadora.

Por certo, para os que teñades PS3, hai software Boinc dispoñible para a vosa PS. Desde que saliu a PS3 o rendemento dos proxectos que empregan Boinc viuse notablemente mellorado. Qué cousas, ¿non?.

One Response to “Pega un Boinc para cambiar o mundo”

  1. dorfun Says:

    …hai un proxecto dos de kriptopolis, no que poder participar, por se tamén lle interesa a alguén…

Leave a Reply