Curso Seguridade de Redes e Sistemas para desempregados.
Estou moi ilusionado!!. Se todo sae ben, o próximo día 14 realizarase a proba de selección de alumnos para o curso de seguridade que impartirei para a Academia Pertiga, en Santiago. É un curso intenso, como adoitan ser os de FIP: de 9:00 a 14:00 tódolos dias ate mediados de setembro.
Se cres que che pode interesar o curso, podes descargar o programa oficial do curso. Ainda que o temario adaptareino ó perfil dos asistentes e o nivel de partida, no curso ticaránse os aspectos relacionados no programa, con maior ou menor profundidade. Como poderedes ver temario inclue cuestións prácticas de instalación e mantemento de sistemas así como cuestións máis teóricas de sistemática ou lexislación. A academia conta dun obradoir, ademais da aula informática habitual, así que nos poderemos permitir realizar montaxes físicas de rede e equipos servidores, e así coñecer os detalles dos sistemas empezando pola capa física, os sistemas operativos e o servicios de rede.
Como non podería ser de outro xeito, desenrolaremos tódolos contidos do curso en sistemas GNU/Linux, ainda que non descuidaremos tampouco a plataforma de Microsoft (que lle imos facer, a mencionan específicamente no temario oficial), e dependendo das ganas que amosen os alumnos incluso xogaremos intregrar sistemas mixtos Windows/Linux.
Lembra que este ñe un curso de inserciñon profesional, así que está pensado para cubrir as ofertas de emprego existentes que solicitan este perfil profesional. As persoas que amosen maior nivel de capacitación ó longo do curso disfrutarán dun periodo de prácticas en empresa en diferentes entidades da cidade.
Este curso xa o estibera a preparar o ano pasado para impartir noutro centro de ensino, pero ó final non puido ser. Nesta ocasión xa fai un par de semanas que ando a preparar nos manuais e a descargar ferramentas de seguridade e de in-seguridade x-D.
Se che resulta atractivo non o penses duas veces e ponte en contacto coa academia para apuntarte á selección. Vémonos alí.
