Curso de administración avanzada de GNU/Linux
Hoxe rematei un curso que impartin para a Consellería de Presidencia, por encargo da empresa NextVision. Foi unha destas cousas medio apresuradas, sen que ninguén tivese a culpa. A semana santa unida á baixa dunha persoa mais unha falla no entendemento sobre o perfil dos alumnos ó que ia dirixido o curso. Un cúmulo de circunstancias, como se adoita dicir.
Remato flotando nun sentimento de satisfacción. Foi un destes cursos que te levan ó limite 0 deixan a un valeiro. Eran só 30 horas, repartidas en 8 dias. Tardei dous dias en darme conta do verdadeiro perfil dos alumnos e outro máis en recompoñer un novo temario acorde ás suas espectativas. Logo foron cinco dias de tensión preparando as prácticas e manuais a ritmo forzado; non me gustaría deixar de suliñar que precisamente en estos días quedei sen acceso a Internet en casa; paseos e máis paseos co ordenador ás costas buscando onde conectarme para poder descargar uns paquetes ou obter documentación.
Ó final a cousa non saiu tan ben como desexaría, pero tampouco saiu mal de todo. Rematamos facendo unha práctica na que construímos un controlador de dominio Samba sobre Linux, con autenticación contra LDAP e perfiles compartidos para Windows e Linux. Falo en primeira persoa porque os alumnos fan a práctica unha vez, pero os profesores rematamos facendoa unha ducia de veces xunta con eles; axudando a uns e aclarando dudas a outros. Algúns alumnos remataron, outros non. A miña intención era completar o curso con outra práctica máis, pero a enerxia non me chegou para enfrentarme ó reto tecnolóxico coa miña conexión de Internet amarrada ás costas, e a “a granxa de servidores HTTP tras reverse proxy, autenticación centralizada en LDAP, NAS sobre NFS e base de datos replicada” rematou nunha mera exposición teórica sobre os recursos de Apache para o proxy e o balanceo de carga.
Quero dicir desde aquí que sinto un inmeso agradecemento cara os alumnos deste curso. É gratificante poder dar clase a persoas de un certo nivel, e poder dar por supostas as miudezas básicas e lanzarse de cabeza a estructuras máis grandes. Sei que para a maioría resultou duro. Tamén sei que a maioría sacaron unhas cantas cousas en limpo. Non porque necesiten montar granxas de servidores ou dominios mixtos Windows/Linux, senon porque para facer estas cousas é necesario facer outras moitas, máis pequenas, que nos fan profundizar no sistema e aclarar os conceptos e os coñecementos que posuimos.
O curso resultou todo un reto, sobre todo polo precipitado. Aprendin moitísimo, en moitos sentidos. É unha lastima que non o puidese ter preparado cun pouco máis de calma, dispoñer de algunhas horas máis… Compañeiros ¡saúdovos!.
Abril 4th, 2008 at 12:27 pm
Ola!
O problema de dicir esto nun blog é que os alumnos podemos acabar atopandoo… :-D
Noraboa polo teu traballo. Realmente notouse a túa implicación na preparación dos contidos, hai que ter moita enerxía para facer atractivo un curso baseado na liña de comandos! =:-D A única mágoa foi que o tempo quedouse corto para consolidar os contidos, pero iso xa non depende exclusivamente nin de nós nin de tí.
S2
Abril 5th, 2008 at 10:31 am
Tamén eu fun un alumno dese curso e opino o mesmo.
A planificación é importante, pero non é imprescindible.
Súplese con coñecementos e con “táboas”, pero, sobre todo, con traballo e ilusión.
Grazas por ter todo iso.
Saúdos
Abril 7th, 2008 at 7:36 am
Únome aos meus compañeiros.
Só sinalar que foi un dos mellores cursos que fixen na administración.
s2.
Abril 7th, 2008 at 3:35 pm
xD
Ó final ides facer que me poña roivo coa vergoña!!!.
Gracias a todos.
Ainda teño pendente de mandarvos os manuais de balanceo de carga para web. Tamén algunha corrección ó manual do controlador de dominio. Dádeme uns dias, xa mandarei un correo para que pasedes polo blog a descargar os ficheiros.
Grácias a todos polo voso apoio!!.
Abril 9th, 2008 at 6:02 pm
Oes meu, e esa información non sería mellor compartila con todos¿? e que se me estan poñendo os dentes longos… con tan boas criticas debería de ter licenza GNU FDL, non crees!!!
De seguro que a moooita xente coma min nos ia interesar.
Ben, só é un apunte.
Ale Saude!!! e noraboa por ser tan bo instructor como indican os comentarios.
Abril 11th, 2008 at 7:21 am
X-D
Tranki, tonio… xa estamos neso.
Un pouco retrasado entre problemas personais e a preparación de algunha entrevista de traballo, pero tanto o manual do controlador de dominio como o de balanceo de carga estarán colgados en poucos dias, se o destino non ten nada encontra.
Saudos.
Abril 13th, 2008 at 7:07 pm
Pensando especialmente en tonio, podedes acceder á nova páxina de manuais onde estou poñendo os howto e manuais da miña autoría. O do controlador de dominio ten alguna pequena rectificación sen importancia.
Respecto ó de reverse proxy con apache, atopei o problema que facia que non me funcionase o proxy. Agora teño que probar o balanceo de carga e plasmalo nun mini-howto.
Que vos preste.
http://meluco.blogaliza.org/manuais-de-gnulinux-e-outros-tipos-de-bichos-baseados-no-silicio/