Archive for Abril, 2008

Curso Seguridade de Redes e Sistemas para desempregados.

Domingo, Abril 27th, 2008

Estou moi ilusionado!!. Se todo sae ben, o próximo día 14 realizarase a proba de selección de alumnos para o curso de seguridade que impartirei para a Academia Pertiga, en Santiago. É un curso intenso, como adoitan ser os de FIP: de 9:00 a 14:00 tódolos dias ate mediados de setembro.

Se cres que che pode interesar o curso, podes descargar o programa oficial do curso. Ainda que o temario adaptareino ó perfil dos asistentes e o nivel de partida, no curso ticaránse os aspectos relacionados no programa, con maior ou menor profundidade. Como poderedes ver  temario inclue cuestións prácticas de instalación e mantemento de sistemas así como cuestións máis teóricas de sistemática ou lexislación. A academia conta dun obradoir, ademais da aula informática habitual, así que nos poderemos permitir realizar montaxes físicas de rede e equipos servidores, e así coñecer os detalles dos sistemas empezando pola capa física, os sistemas operativos e o servicios de rede.

Como non podería ser de outro xeito, desenrolaremos tódolos contidos do curso en sistemas GNU/Linux, ainda que non descuidaremos tampouco a plataforma de Microsoft (que lle imos facer, a mencionan específicamente no temario oficial), e dependendo das ganas que amosen os alumnos incluso xogaremos intregrar sistemas mixtos Windows/Linux.

Lembra que este ñe un curso de inserciñon profesional, así que está pensado para cubrir as ofertas de emprego existentes que solicitan este perfil profesional. As persoas que amosen maior nivel de capacitación ó longo do curso disfrutarán dun periodo de prácticas en empresa en diferentes entidades da cidade.

Este curso xa o estibera a preparar o ano pasado para impartir noutro centro de ensino, pero ó final non puido ser. Nesta ocasión xa fai un par de semanas que ando a preparar nos manuais e a descargar ferramentas de seguridade e de in-seguridade x-D.

Se che resulta atractivo non o penses duas veces e ponte en contacto coa academia para apuntarte á selección. Vémonos alí.

Xestión de riscos

O prometido

Sábado, Abril 19th, 2008

IncunablePara os que foron alumnos do curso de administración de Linux (e para os que non o foron), xa tedes dispoñible o manualiño de proxy inverso con balanceo de carga que quedara pendente no curso.

Para outro dia quedará mandar o correo para que todos se enteren, mentras se vos ides pasando a noticia entre vos, quedarei agradecido.

Disculpade polos erros mecanográficos que atoparedes, pero non me parei demasiado a correxir eses detalles. Teño que adicarme a preparar un curso de seguridade e non podo adicarlle máis tempo a esto. O mellor que podedes facer é mandarme unha nota cos erros que atopedes (páxina, liña e forma correcta da palabra) e así o imos correxindo entre todos; 62 ollos ven máis ca 2.

Agardo que vos preste.

Curso Linux

Mércores, Abril 16th, 2008

O vindeiro luns empeza un curso de Linux para traballadores na forGA de Milladoiro. O horario é de 20:00 a 22:30 e rematará o día 16 de Maio. Os que poidades estar interesados poñedevos en contacto on forGA no Milladoiro.

Centros integrados desintegradores

Sábado, Abril 12th, 2008

Xa falei con anterioridade da iniciativa dos centros integrados. Naquel intre fixen a anotación como un recoñecemento a unha iniciativa que parecía racional e boa para o conxunto da sociedade. Desgraciadamente hoxe teño que retractarme.

O que inicialmente podería ser unha optimización de recursos estase a converter nun total desproposito; nun desvestir a un santo necesitado para vestir outro opulento e pouco milagreiro. No anterior comentário xa mencionei a falta de predisposición por parte de determinado tipo de profesorado para deixar de rascarse a barriga e poñerse a currar. A fin de contas eles xa teñen un soldo que en moitos casos reciben sen que ninguén lles esixa demasiado a cambio. Pois ben. Parece que o xeito en que se vai solucionar este problema é pagando a este profesorado o soldo que se lle estaba a pagar ós docentes dos centros privados.

Si. Os docentes públicos dos ciclos, ademáis do seu soldo, recibirán sobre 35 ou 40€ a maiores por cada hora impartida dentro das accións formativas dos planos FIP. E non digo que non teñan dereito a cobrar o seu traballo, pero e que xa o estaban a cobrar. Porque esta xente cobra igual en decembro e xaneiro, semana santa, e os tres meses de vacacións de vrao que no resto do ano.

En teoría ese tempo remunerado no que non imparten clases estaríano a adicar a outro tipo de actividades como a reciclaxe profesional, a preparación de material didáctico ou a planificación das futuras accións formativas. Pero referíndome a este sector de profesorado en concreto, iso non se cumple.

Ó final vai suceder o de sempre. As persoas que se esforzan en facer ben o seu traballo están demasiado ocupadas, así que serán os piratas mercenarios que buscan gañar o máximo posible co mínimo esforzo os que se pelexen por imparti estes cursos tan ben pagados. Mal para o estado, criador de sanguesugas, mal para os alunos, vitimas de docentes perezosos e desonestos, mal para os anteriores docentes dos planos FIP, que rematan na rua engrosando as listas do paro. Mal para as suas famílias. Mal para todos.

Curso de administración avanzada de GNU/Linux

Mércores, Abril 2nd, 2008

LDAP Hoxe rematei un curso que impartin para a Consellería de Presidencia, por encargo da empresa NextVision. Foi unha destas cousas medio apresuradas, sen que ninguén tivese a culpa. A semana santa unida á baixa dunha persoa mais unha falla no entendemento sobre o perfil dos alumnos ó que ia dirixido o curso. Un cúmulo de circunstancias, como se adoita dicir.

Remato flotando nun sentimento de satisfacción. Foi un destes cursos que te levan ó limite 0 deixan a un valeiro. Eran só 30 horas, repartidas en 8 dias. Tardei dous dias en darme conta do verdadeiro perfil dos alumnos e outro máis en recompoñer un novo temario acorde ás suas espectativas. Logo foron cinco dias de tensión preparando as prácticas e manuais a ritmo forzado; non me gustaría deixar de suliñar que precisamente en estos días quedei sen acceso a Internet en casa; paseos e máis paseos co ordenador ás costas buscando onde conectarme para poder descargar uns paquetes ou obter documentación.

Ó final a cousa non saiu tan ben como desexaría, pero tampouco saiu mal de todo. Rematamos facendo unha práctica na que construímos un controlador de dominio Samba sobre Linux, con autenticación contra LDAP e perfiles compartidos para Windows e Linux. Falo en primeira persoa porque os alumnos fan a práctica unha vez, pero os profesores rematamos facendoa unha ducia de veces xunta con eles; axudando a uns e aclarando dudas a outros. Algúns alumnos remataron, outros non. A miña intención era completar o curso con outra práctica máis, pero a enerxia non me chegou para enfrentarme ó reto tecnolóxico coa miña conexión de Internet amarrada ás costas, e a “a granxa de servidores HTTP tras reverse proxy, autenticación centralizada en LDAP, NAS sobre NFS e base de datos replicada” rematou nunha mera exposición teórica sobre os recursos de Apache para o proxy e o balanceo de carga.

Quero dicir desde aquí que sinto un inmeso agradecemento cara os alumnos deste curso. É gratificante poder dar clase a persoas de un certo nivel, e poder dar por supostas as miudezas básicas e lanzarse de cabeza a estructuras máis grandes. Sei que para a maioría resultou duro. Tamén sei que a maioría sacaron unhas cantas cousas en limpo. Non porque necesiten montar granxas de servidores ou dominios mixtos Windows/Linux, senon porque para facer estas cousas é necesario facer outras moitas, máis pequenas, que nos fan profundizar no sistema e aclarar os conceptos e os coñecementos que posuimos.

O curso resultou todo un reto, sobre todo polo precipitado. Aprendin moitísimo, en moitos sentidos. É unha lastima que non o puidese ter preparado cun pouco máis de calma, dispoñer de algunhas horas máis… Compañeiros ¡saúdovos!.