Concurso exemplar da Generalitat

A Generalitat de Catalunya concursa o desenvolvemento dunha suite de aplicacións orientadas a facilitar o traballo dos autónomos e as microPEMEs. Isto está ben. Pero e que ademáis, algunhas das condicións técnicas que se especifican son:

  • Basearáse en ferramentas estandar libres
  • Deberá de empregar ficheiros .po que permitan a doada traducción da suite a calquera idioma
  • Empregaranse estandares abertos para o manexo da información entre as aplicacións
  • Deberá de ser multiplataforma: Linux, Windows e Mac OS
  • Licenciaráse baixo GPL
  • Desenrolarase nunha forxa pública: LaFarga.cat; o que permitirá abrir o desenrolo a terceiros
  • A documentación da aplicación tamén se licenciará de xeito libre

Esto si que é amortizar unha inversión de cartos públicos e mirar polo progreso e a economía local. A ver se a Xunta de Galicia toma nota de una vez.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image