Cursos FIP e centros integrados

Parece que á fin están empezando a poñerse en funcionamento os “centros integrados”. Denomínan así a aqueles institutos de formación profesional reglada nos que de agora endiante tamén se impartirá formación profesional ocupacional, é dicir, a que vai destinada a facilitar un posto de traballo ás persoas desempregadas.

Ainda que este feito persoalmente perxudicame a nivel profesional, é necesario recoñecer que pode supoñer unha grande mellora na calidade da formación ocupacional. Tódolos recursos humanos e materiais dos que se dispoñen para a impartición dos ciclos profesionais en grao medio e superior estarán a partir de agora a disposición da formación ocupacional.

Tamén suporá un importante aforro para a carteira pública, pois reduciráse a necesidade de contratar docentes de xeito temporal para impartir este tipo de cursos, traballo que asumirán en grande medida os propios profesores do ensino reglado.

Por suposto, ten que haber algún problema. Moitos dos profesores dos institutos non se sinten moi contentos de ter que adicarlle a este tipo de cursos un tempo que nalgúns casos adicaban a folgar. Tamén é certo que suporá unha perda de mercado para academias e fondos de formación, pero non creo que as decisións públicas teñan que tomarse en base a estos criterios, senon ós de administración óptima dos recursos e da xeración do máximo beneficio social.

Leave a Reply