Bipartidismo
O taoismo da unha visión da realidade de complementarios, de parellas en oposición que buscan un equilibrio dinámico. Na informática daselle moitas voltas á dualidade 0 e 1. Tantas que ó final acadase almacenar calquer sinfonía únicamente como un logo rosario de 0 e 1 nunha orde lóxica ainda que arbitraria.
Claro que no caso da informática a manía polos ceros e os uns é algo circuntancial, ainda que directamente erdado da lóxica formal na que todo remata sendo certo ou falso. Se a lóxica formal fose definida por galegos a cousa había ser doutro xeito.
A cousa é que o ser humano amosa unha tendencia a entender as cousas de xeito binario: a eterna loita entre o ben e o mal, o bo e o malo, o agradable e o molesto, amigos e inimigos, certo, falso… un mundo en branco e negro que resulta sinxelo de comprender, ainda que en moitos casos non se axeite moito á reslidade física que nos rodea. Porque poida que os taoistas partan de un mundo dual de yin e yang, pero ese mundo despois vese modulado en tres universos (a celestial, a da materia e o plano intermedio no que se atopa espíritu e materia) que á sua vez fan aparecer un fluxo cíclico de cambio (os cinco movementos que se regulan mediante vinte relacións) que se manifiesta en oito tendencias e dá orixe ós 100.000 seres (que é un xeito de dicir que a cousa se lia de tal xeito que ó final ten unha apariencia caótica que lle quitas as ganas de segir analizando a calquera).
A nosa cidadanía parece estar ainda nun estado de evolución moi primario. A nosa visión do entorno segue a ser básicamente dual. E nesa visión do entorno segue a ser admisible unha visión da política baseada en dous partidos, os bo e o malo, sen que sexa posible determinar de xeito científico cales son uns ou os outros. Moitas persoas empezan (empezamos) a despertar dese sono. Supoño que porque simplemente imos madurando e ese pequeno aumento no grao de madurez permítenos ver sinais.
Esta semana recibin as tradicionais cartas cos votos precocinados duns e outros partidos. O sobre para o congreso e o sobre para as cortes, impreso no mesmo papel que empregan os domingos en certo periódico para a sección de ofertas de emprego. Desplegando a folla podo ver que non só é do mesmo papel (vale,vale, non é o mesmo pero parécese moito) senon que tamén ten unhas dimensións similares. E fai falta, porque ten que acoller nel as candidaturas dos diferentes partidos que ofrecen a sua opción. ¿Qué foi de todos estos partidos durante a campaña?. ¿Onde estaban?.
Supoño que moitos terán representación só nalgunhas localidades. Moitos non terán medios para realizar campañas publicitarias brutais. Moitos non terán tirón mediatico (con repercusión na audiencia, aka publicidade, aka ingresos económicos das tv) para poder optar a debates televisivos. Supoño que esta situación dependerá de moitas cousas. Poida que en gran medida da visión binaria que a cidadania ten da política. Tamén da idea de que “hai que votar ós que van gañar” ou de que “votar ó partido pequeno é un voto perdido”. Supoño que esa mentalidade é a mesma que fai que o libre mercado e a competencia entre empresas non remate de funcionar como en teoría deberan, porque ó final a demanda é dirixida polas grandes campañas e a idea de que se é meirande é mellor.
E mentras a cidadanía, como animal de manada, sega a ter esa visión do seu entorno a cousa seguirá así. O rabaño irá para onde os gandeiros e os seus cans manden.

marzo 12th, 2008 at 11:58 pm
Máis sobre o tema da man de “toniocastro” en “que che vou contar…”
http://toniocastro.wordpress.com/2008/03/10/sistema-de-dhondt/