mar
1
Na portada de LV “delunsavenres” do 20 de febreiro pódese ler:
“Solicitan 14 anos a un informático de Lugo acusado de abusar de oito menores”
Que guasa, AGN, mira… pois vaime gustar o xogo. Imos a seguir xogando:
- Deteñen a cinco persoas por narcotráfico. Unha delas era un informático.
- Tres mozos detidos por conducción peligrosa. Un deles era informático. Os outros empregaban ordenadores regularmente.
- Unha muller acusada de queimar un monte en Cotá dos Queixos. Facia unhs días tíña iniciado un curso de informática básica.
- Agrede gratuitamente a un transeunte despois de mercar un ordenador.
Xa está. Molan os titulares ¿verdade?. Se non che gusta podes cambiar a palabra “informático” por “periodista”. Se cadra así veslle máis gracia.
Leave a Reply