Pasado o primeiro momento melamcólico-charramangueiro, toca situarse para ver cara onde vou tirar.
Empezarei por facer unha lista aplicando prioridades baseadas no mandatos biolóxicos e nas apetencias do momento:
- Fonte económica: emprego e/ou contratos cun rendemento máis ou menos inmediato.
- Tranquilidade. Necesito vacacións. Non do traballo, iso é moi aburrido, senon da vida. Non creo que me pase nada malo por disfrutar dunha temporadiña de estabilidade.
- Conciliación coas miñas fillas. Sentirme cómodo dabondo para adicarlles o tempo que considero necesario sen sentirme culpable.
- Dar saida á situación de Compostela Wireless. Estou canso. Se alguen quere facer algo, que o faga. Se non tamén.
- Entrar no ensino reglado. Xa estou dando clase de ciclos por unhas cantidades miserables. É mellor facelo disfrutando dunhas condicións laborais acomodadas. Así poderei criticar en igualdade de condicións ós profesores que non fagan o seu traballo axeitadamente.
- Continuar cos proxectos de programación:
- Constructor universal de sitios web.
- Protocolo de desplegue rápido e simple de redes WiFi.
- Protocolo para a transferencia HTTP segura de documentos cifrado con GnuPG
- Madurar o relato das comunas: a explicación da tese da extinción dos mamúts, da infelicidade conxugal xeralizada, e do fracaso social e ideolóxico, que non económico, da Igrexa Católica e da civilización occidental derivada.
Probablemente a orde das prioridades tería que ser revisada, pero maiormente o interese por algún dos puntos anteriores depende recíprocamente dun ou varios dos outros puntos. Imos deixalo así.
Respecto á fonte económica, teño esperanzas nalgunha entidade coa que últimamente mantiven unha entrevista improvisada, ainda que se algo aprendín sobre o a busca de emprego é que non tes que crerte nada mentres non vexas o contrato firmado. Manteñome aberto a calquera oferta, sempre e cando non entre en conflicto con algún dos outros puntos.
Sobre a tranquilidade, podo enganarme a min mesmo e pensar que depende do punto anterior, pero ainda que é así en grande medida, tamén é necesario replantexar as miñas actitudes de cara a algunhas cuestión. Vai a ser necesario un esforzo de vontade neste senso, poida que incluso unha nova crise existencial (coido que poderei soportalo. snif!).
Este punto sí depende completamente do previo, a tranquilidade. Alomenos se me centro nas cuestións que están na miña man, que son as que me teñen que importar.
No de Compostela Wireless pouco teño que facer neste momento máis que agardar. A xente nova que está amosando interes dame esperanzas para a asocicación. Dos máis antigos… seguen a me defraudar. (Sintoo rapaces, pero non hai visión de conxunto, perdémonos nos detalles e non remato de ver fé).
Este ano saen oposicións. Non sei se a miña formación reglada me permite acceder ás probas. Non sei se teño xeito de obter a acreditación a tempo. Preciso informarme e actuar.
Enlazado co da tranquilidade… e polo tanto co resto de puntos citados ate aquí. Probablemente o primeiro paso consista en darlle forma escrita e gráfica a tódalas ideas que teño no coco respecto ós diferentes proxectos. O seguinte paso consistirá en compartir estas ideas e proxectos con comunidades relacionadas, para poder recibir críticas e comentarios. Tamén será interesante pola posibilidade de que se inicien comunidades de desenrolo entorno ós proxectos, pero non sei se estou preparado para eso.
O do relato… podo incluso facelo no propio blogue… quen sabe. Non estaría mal ir publicando capítulos ou escenas e ver cales son os comentarios das persoas. Poderíanse ir reescribindo as diferentes partes e podería manter unha páxina estática con enlaces ós post que conteñan os capítulos nas suas últimas versións. Pode ser un interesante proxecto a longo plazo.
¿Quédame algunha cousa?… quedan… a miña relación cos meus proxenetores (gustaríame fortalecela máis para disfrutalos máis) e coa miña parella…
Por hoxe xa chegou, coido.
Leave a Reply