Archive for Febreiro, 2008

Constitución

Venres, Febreiro 29th, 2008

Artículo 35.

1. Todos los españoles tienen el deber de trabajar y el derecho al trabajo, a la libre elección de profesión u oficio, a la promoción a través del trabajo y a una remuneración suficiente para satisfacer sus necesidades y las de su familia, sin que en ningún caso pueda hacerse discriminación por razón de sexo.

2. La Ley regulará un Estatuto de los Trabajadores.

Artículo 45.

1. Todos tienen el derecho a disfrutar de un medio ambiente adecuado para el desarrollo de la persona, así como el deber de conservarlo.

2. Los poderes públicos velarán por la utilización racional de todos los recursos naturales, con el fin de proteger y mejorar la calidad de la vida y defender y restaurar el medio ambiente, apoyándose en la indispensable solidaridad colectiva.

3. Para quienes violen lo dispuesto en el apartado anterior, en los términos que la Ley fije se establecerán sanciones penales o, en su caso, administrativas, así como la obligación de reparar el daño causado.

Artículo 47.

Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación.

La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos.

O que non remato de ver por ningures é o que sucede cando todo esto non se cumple.

Escollas

Venres, Febreiro 29th, 2008

Elexir?, escoller?, eleccións?… escollas?…

Escoller hai que escoller… din. Escoller un plato de merda de can, ou un plato de merda de gato ou un gato de merda de vaca. E a verdade é que non me presta escoller ningún. Home… postos a escoller (coa pistola na caluga) parece que a de vaca anoxa menos. Parece un cheiro como máis familiar. Máis útil. Máis fertil. Pero feder fede o mesmo.

Estos da tele están a falar desde xa fai un cacho. Non sei canto tempo levan falando, pero xa fai un bo cacho e no parece que vaian calar. Polo menos parece que están dacordo en poñer as pensións por encima dos 700,00 €. O caso é que para daquela os ditos setecentos cheguen para comer.

Na mesa están sentadas moitas persoas que falan de Cataluña. Entendo que iso será bo para Cataluña nun futuro inmediato. Se cadra sería bo para o conxunto de España se na mesa se sentasen varias persoa que falasen de cada unha das comunidades. Poida que si. Iso fai menos desagradable o plato de merda de vaca.

Por outra parte… está o tema este de “ter que” escoller un plato de merda. A min nunca me foi ben para facer cousas “por que hai que facelo”. Sempre necesitei razonar as cousas. Será por eso que rematei na informática. Así que a cousa está entre buscar o xeito de limpar os platos para poder comer de platos limpos ou mandar para Madrid un plato cheo de merda de vaca.

Informática doméstica

Martes, Febreiro 26th, 2008

IdeasA informática está presente en cada vez máis ambitos da vida. Os profesionais da informática teñen un monton de campos diferentes ós que se adicar: redes, sistemas, hardware, programación orientada a un ou outro campo, mantemento en diferentes áreas, web… Eu cada vez lle adico máis tempo mental á informática doméstica. Sorprendeme o xeito en que a xente ten un ordenador na casa sen ter idea do que fai con el. Como mercan sen ter idea do que lles están a ofrecer. A falta de presocupación total, e o pánico infundado, cando contemplan sorprendidos como a súa proxenie cativa fai cousas no ordenador e accede a contidos en Internet moi por encima das posibilidades dos proxenitores.

Cando este ano nos pediron que presentarámos unha proposta a Educación, no Concello de Santiago, sobre qué actividades poderíamos desenrolar orientadas ós pequenos, os pais e os educadores, tiña claro que estos puntos tiñan que estar presentes:

  • ¿Cómo merco un ordenador?
  • ¿Podo protexer ós meus fillos, e a min mesmo, das amenazas presentes en Internet?
  • ¿Como podo facer para que o meu ordenador non rompa cada pouco?

Outra cousa que me interesa no mesmo campo é o dos servidores domésticos. En moitos casos existen nos fogares ordenadores con unha potencia importante que están completamente infrautilizados. ¿Sería posible, realmente sacar máis partido a estos equipos?. Por suposto.

Unha forma é aplicar as tecnoloxías que no seu dia se idearon para compartir grandes supercomputadores entre múltiples usuarios. Podemos ter múltiples pantallas e teclados conectados a un único ordenador, de xeito que podamos empregar o ordenador desde múltiples sitios ou por múltiples persoas simultáneamente. ¿Imaxinas contar cunha terminal na cociña, outra na sala e outra portatil que podamos mover a onde queramos?. É máis doado do que poda parecer.

Tamén é posible sustituir determinados electrodomésticos cun ordenador debidamente preparado: o televisor, reproductor de DVD, radio, o equipo de música… mesmo o teléfono, nun momento dado. Son funcionalidades que calquer empresa mediana podería implementar con un pequeno esforzo, e probablemente o resultado final remataría por ser máis económico en conxunto, e aportaría un sin fin de novas posibilidades moi interesantes.

Pois en esas cousas está ocupada a miña cabeza. Unha lástima non poder adicarse a realizalas, ¿non?.

Composición de lugar

Domingo, Febreiro 24th, 2008

Direccións Pasado o primeiro momento melamcólico-charramangueiro, toca situarse para ver cara onde vou tirar.

Empezarei por facer unha lista aplicando prioridades baseadas no mandatos biolóxicos e nas apetencias do momento:

  1. Fonte económica: emprego e/ou contratos cun rendemento máis ou menos inmediato.
  2. Tranquilidade. Necesito vacacións. Non do traballo, iso é moi aburrido, senon da vida. Non creo que me pase nada malo por disfrutar dunha temporadiña de estabilidade.
  3. Conciliación coas miñas fillas. Sentirme cómodo dabondo para adicarlles o tempo que considero necesario sen sentirme culpable.
  4. Dar saida á situación de Compostela Wireless. Estou canso. Se alguen quere facer algo, que o faga. Se non tamén.
  5. Entrar no ensino reglado. Xa estou dando clase de ciclos por unhas cantidades miserables. É mellor facelo disfrutando dunhas condicións laborais acomodadas. Así poderei criticar en igualdade de condicións ós profesores que non fagan o seu traballo axeitadamente.
  6. Continuar cos proxectos de programación:
    1. Constructor universal de sitios web.
    2. Protocolo de desplegue rápido e simple de redes WiFi.
    3. Protocolo para a transferencia HTTP segura de documentos cifrado con GnuPG
  7. Madurar o relato das comunas: a explicación da tese da extinción dos mamúts, da infelicidade conxugal xeralizada, e do fracaso social e ideolóxico, que non económico, da Igrexa Católica e da civilización occidental derivada.

Probablemente a orde das prioridades tería que ser revisada, pero maiormente o interese por algún dos puntos anteriores depende recíprocamente dun ou varios dos outros puntos. Imos deixalo así.

Respecto á fonte económica, teño esperanzas nalgunha entidade coa que últimamente mantiven unha entrevista improvisada, ainda que se algo aprendín sobre o a busca de emprego é que non tes que crerte nada mentres non vexas o contrato firmado. Manteñome aberto a calquera oferta, sempre e cando non entre en conflicto con algún dos outros puntos.

Sobre a tranquilidade, podo enganarme a min mesmo e pensar que depende do punto anterior, pero ainda que é así en grande medida, tamén é necesario replantexar as miñas actitudes de cara a algunhas cuestión. Vai a ser necesario un esforzo de vontade neste senso, poida que incluso unha nova crise existencial (coido que poderei soportalo. snif!).

Este punto sí depende completamente do previo, a tranquilidade. Alomenos se me centro nas cuestións que están na miña man, que son as que me teñen que importar.

No de Compostela Wireless pouco teño que facer neste momento máis que agardar. A xente nova que está amosando interes dame esperanzas para a asocicación. Dos máis antigos… seguen a me defraudar. (Sintoo rapaces, pero non hai visión de conxunto, perdémonos nos detalles e non remato de ver fé).

Este ano saen oposicións. Non sei se a miña formación reglada me permite acceder ás probas. Non sei se teño xeito de obter a acreditación a tempo. Preciso informarme e actuar.

Enlazado co da tranquilidade… e polo tanto co resto de puntos citados ate aquí. Probablemente o primeiro paso consista en darlle forma escrita e gráfica a tódalas ideas que teño no coco respecto ós diferentes proxectos. O seguinte paso consistirá en compartir estas ideas e proxectos con comunidades relacionadas, para poder recibir críticas e comentarios. Tamén será interesante pola posibilidade de que se inicien comunidades de desenrolo entorno ós proxectos, pero non sei se estou preparado para eso.

O do relato… podo incluso facelo no propio blogue… quen sabe. Non estaría mal ir publicando capítulos ou escenas e ver cales son os comentarios das persoas. Poderíanse ir reescribindo as diferentes partes e podería manter unha páxina estática con enlaces ós post que conteñan os capítulos nas suas últimas versións. Pode ser un interesante proxecto a longo plazo.

¿Quédame algunha cousa?… quedan… a miña relación cos meus proxenetores (gustaríame fortalecela máis para disfrutalos máis) e coa miña parella…

Por hoxe xa chegou, coido.

Etapas

Venres, Febreiro 22nd, 2008

Supoño que todas as cousas que empezan rematan.

Ou non sei se rematan. Poida que estean a empezar. Mesmo que nunca teñan empezado. O que é seguro é que cambian. ¿Non?.

Se cadra cambiei eu. Ou que agora parézame máis a min mesmo. Poida que menos diferente. Tampouco é que sexa a primeira vez. Sempre foi igual. Poñerse en pe e votar a andar. Coma sempre. Coma outras veces.

E deixar un espacio tan grande que meta medo. Incomprensible. Grande dabondo para que quepa un mundo enteiro. Deixar as fietras, as portas abertas. Ar. Luz. Vida.

Soidade

Enquisa da AIMC

Xoves, Febreiro 21st, 2008

Como tódolos anos, xa está aquí o resultado da enquisa sobre uso (e usos) de Internet e afíns. Nunha primeira lectura: o crecemento do número de usuarios en España segue diminuindo, cerca do 25% dos participantes empregan Mozilla Firefox ou similar e os usuarios de Mac e Gnu/Linux andan á par. Principal atranco que os usuarios atopan con Internet en España: o precio.

Descarga-lo informe en PDF.

Santo Averse.

Sábado, Febreiro 16th, 2008

Ainda que un pouco tarde, facer un apuntamento dobre o dia de Santo Averse. Si home, Santo Averse, o 14 de Febreiro. ¿San Valenqué…?. Non oh, non… Santo Averse. Santo A-ver-se vos queda algo no peto despois do santo nadal  e as santas rebaixas. Santo Averse, díse Santo Averse. Iso.