Tori Amos

Esta tarde quedei en casa coas pequenas, así que decidin legar algo de cultura musical. Iva con idea de sacar o doble CD dos “Blues Brothers”, pero logo cain na conta de que esos discos están gardados na casa do meu amigo Alven Lop (saudos, compañeiro) . Así que remexendo atopei varios recopilatorios de rithm’n'blues… e os meus discos de Tori Amos.

Agora veño de molestarme en mirar o que andivo facendo esta rapaza (xa foi) os últimos anos. Está algo descafeinada, parece. Supoño que todos temos que vivir… o mercado… a demanda… poida que os anos… A Tori Amos daqueles anos era outra cousa. A miña nena, mentras escoitaba o disco, dicia “ás veces ponse un pouco tola”. Pero gustoulle (sí, ós nenos pódeselles poñer outra música que “os pitufos”, e pode gustarlles).

Ei darlle outra oportunidade. Ei descargar algunha das cousas que antivo a facer últimamente para escoitala como se tiñan que escoitar os seus antiguos discos: con calma, silencio, cascos e os ollos pechados.

Un brindis pola antiga Tori Amos. Saudos!!!.

Seu novo disco:

Leave a Reply