VideoTrace
En Ubuntu Life vexo a noticia deste novo proxecto. VideoTrace é unha aplicación que permite obter un modelo en 3D a partir das imaxes de video do obxeto real.
O simple concepto, a idea en si, xa resulta revolucionaria e tremendamente inspiradora. Agardemos que a xente do Australian Center of Visual Tecnologies teñen sorte e atopan os apoios necesarios e podan chegar a madurar e tirar partido desta iniciativa.