Archive for Xaneiro, 2008

Tori Amos

Xoves, Xaneiro 24th, 2008

Esta tarde quedei en casa coas pequenas, así que decidin legar algo de cultura musical. Iva con idea de sacar o doble CD dos “Blues Brothers”, pero logo cain na conta de que esos discos están gardados na casa do meu amigo Alven Lop (saudos, compañeiro) . Así que remexendo atopei varios recopilatorios de rithm’n'blues… e os meus discos de Tori Amos.

Agora veño de molestarme en mirar o que andivo facendo esta rapaza (xa foi) os últimos anos. Está algo descafeinada, parece. Supoño que todos temos que vivir… o mercado… a demanda… poida que os anos… A Tori Amos daqueles anos era outra cousa. A miña nena, mentras escoitaba o disco, dicia “ás veces ponse un pouco tola”. Pero gustoulle (sí, ós nenos pódeselles poñer outra música que “os pitufos”, e pode gustarlles).

Ei darlle outra oportunidade. Ei descargar algunha das cousas que antivo a facer últimamente para escoitala como se tiñan que escoitar os seus antiguos discos: con calma, silencio, cascos e os ollos pechados.

Un brindis pola antiga Tori Amos. Saudos!!!.

Seu novo disco:

VideoTrace

Martes, Xaneiro 22nd, 2008

En Ubuntu Life vexo a noticia deste novo proxecto. VideoTrace é unha aplicación que permite obter un modelo en 3D a partir das imaxes de video do obxeto real.

O simple concepto, a idea en si, xa resulta revolucionaria e tremendamente inspiradora. Agardemos que a xente do Australian Center of Visual Tecnologies teñen sorte e atopan os apoios necesarios e podan chegar a madurar e tirar partido desta iniciativa.

Baixei ós infernos.

Martes, Xaneiro 22nd, 2008

Según van pasando os anos parece que cada vez vou tendo máis claro o que non quero, pero menos claro qué é o que sí quero. Non creo que sexa unha actitude moi sana. Máis que nada porque a base de apartar cousas da vida dun vai un quedando nun mundo moi pequecho.

Supoño que é tempo de aproveitar o espacio que quedou valeiro para ir enchendoo de cousas boas. Iso si, sempre que non veña alguén a dar a murga, dicindo que esto ou o outro está a molestar.