Synaptics - Ubuntu

Ando a rematar unha (outra) instalación de Ubuntu GNU/Linux, e isto lémbrame anotar algo que fai tempo tiña ganas de subir ó blogue. Ten relación cos artigos sobre a suposta dificultade de uso dos sistemas GNU/Linux.

Cada vez máis xente opta por empregar sistemas tipo UNIX, e un dos que está a recibir máis adeptos é Ubuntu GNU/Linux.

Ubuntu está adquirindo moi boa fama. Tanto que os novos usuarios que o instalan agardan atoparse co sistema operativo perfecto… que ainda non está dispoñible, claro.

Ubuntu é un bo sistema, facil de instalar e usar, fiable, útil e cómodo… pero por suposto ten que ter algúns problemas. Tampouco é que sexan problemas propios de Ubuntu. O que me interesa para este artigo, por exemplo, é comun a calquera tipo de sistema operativo: según rematamos de instalalo, o sistema non dispón de tódalas ferramentas que podamos necesitar.

Isto en parte é así porque non é posible incluir tódalas posibles ferramentas para tódolos diferentes perfiles de usuario que poden optar por empregar Ubuntu. Serían demasiadas. E ainda que fose posible non tería sentido. Resultaría molesto ver un montón de aplicacións no noso sistema que non só non coñecemos senon que non nos resultan útiles de ningunha maneira.

Outro motivo polo esto non é así é porque a lista de aplicacións dispoñibles para Ubuntu incluen programas que non teñen as características do software libre, polo que non se poden distribuir libremente. Por exemplo: non importa qué sistema remates de instalar, se queres acceder a páxinas con contidos Flash terás que instalar o plugin de Flash para o navegador.

Nas últimas versións de Ubuntu esta tarefa automatizouse moito. Por exemplo, se descargas unha pelicula desde Internet, necesitas ter os “codecs” axeitados para poder vela. Se intentas vela nunha versión Fesity ou Gutsy de Ubuntu, a primeira vez que o intentes informaráseche de que, para poder ver a película en cuestión é necesario instalar uns paquetes determinados no sistema e daráseche a oportunidade de os marques cun click e deixes que se instalen automáticamente. Algo similar a esto sucederá cando necesites por primeira vez do plugin de Flash e outras pequenas ferrametas.

Esta solución tan elegante e práctica non se pode aplicar a tódalas ferramentas que a maioría de usuarios poden chegar a necesitar. Na maioría dos casos porque as licencias de uso e distribución desas ferramentas non o permiten. Noutros non compensa facelo porque o número de persoas que demandan instalar esas ferramentas non é moi alto.

Por sorte ainda temos outro pequeno atallo que nos permite instalar cousas que en moitos casos necesitamos (ainda que non nos damos conta). Trátase de un paquete denominado “ubuntu-restricted-extras”. É unha colección de aplicacións que teñen licencias que impiden a sua instalación por defecto no sistema, ou mesmo automatizar dita instalación completamente; tamén aplicacións que, por cuestións de licencia ou outros poderían se ilegais en paises con lexislación moi conservadora respecto a cuestións como a propiedade intelectual, como nos EE.UU.

O paquete “ubuntu-restricted-extras” instala os seguintes complementos no noso sistema:

  • Algúns códecs básicos para poder ver as pelis DVD, os DivX máis comúns e poder escoitar MP3 (si, si, existen problemas legais para incluir esto en según que paises).
  • Un conxunto de fontes caligráficas (tipos de letra) compatibles coas empregadas por Microsoft, para mellorar a compatibilidade de documentos importados desde as aplicacións dos sistemas desta compañía.
  • O plugin Flash para o navegador (deste xeito xa queda instalado e dispoñible para tódolos usuarios, actuais e futuros, do sistema).
  • O entorno de execución de Java, para poder empregar aplicacións que empreguen esta tecnoloxía… que ainda non se pode distribuir libremente.
  • Unha ferramenta que permite que o sistema desempaquete arquivos RAR, moi empregados para comprimir todo tipo de contidos nas redes de intercambio P2P… ¡e que non é libre! (a ver se nos poñemos ó dia e usamos 7z ou gz, que sí o son).

Como podedes ver, instalando un único paquete solucionamos unha serie de rutinas aburridas que temos que facer case sempre que instalamos un sistema.

Ate fai pouco tempo, para completar cada unha destas tarefas era necesario buscar información en Internet e realizar o proceso de instalación individual de cada un dos paquetes, o que supon un esforzo que non se lle pode esixir á maioría dos usuarios e que supon unha molestia para calquera. Pero desde fai xa varias versións, en Ubuntu chega con ir á lista de aplicacións, seleccionar “ver tódas as aplicacións dispoñibles”, e buscar e seleccionar “restricted extras” para que todas estas pequenas e molestas, ainda que necesarias ferramentas, cheguen máxicamente desde Internet ó noso equipo sen que teñamos que facer máis nada.

¿Dádesvos conta de que todas esas tarefas están ocasionadas por empregar ferramentas de software non-libre con licencias extrañas?.

Para reflexionar.

Leave a Reply

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>