Nunca choveu que non escampara

Se a semana pasada nos sorprenden coa necesidade de instalar unha aplicación de traballo en rede (en un lugar onde non fixeron instalación de rede durante a obra… porque non era necesario…) onte nos dan outra alegría cando alguén decide cortar (físicamente, cunhas tixeiras) os fios que comunican co resto do mundo a nave na que se atopa a nosa sede (e a de algunha outra emprepresa máis). Todo porque había que pintar a parede para que quedase bonita. As tixeiras habían de ter carné por puntos, igual que os coches.

Hoxe, para completar o cadro, rompe o router que montamos para dar saida a todo un instituto cada Internet. Funcionou todo o vrao, cando  ninguén o precisaba; pero todos sabemos o exacta que é a Lei de Murphy. Atallamos como puidemos. Agora toca montar outro router (que, por suposto, será mellor que o anterior).

Veremos que sorpresas nos depara o día de mañá… ou o que queda deste. A ver cando escampa.

Leave a Reply