Recuperando a normalidade

Á fin rematou o curso. Non é que fora moi longo, pero o tempo adicado ó mesmo supuxo deter temporalmente outras actividades, como actuliazar o blogue.

Ainda así non foi a única cousa que me mantivo ocupado. Seguín a estudiar e escribir Python. Cada vez gústame máis. Estiven vendo os diferentes xeitos de empregar esta linguaxe para crear a aplicación do EGO. existe un engadido para o Apache. Ainda non rematei de estudiala, pero non remata de convencerme. O outro xeito de facelo é mediante os clásicos CGI; ainda que o primeiro xeito promete maior velocidade na execución do programa, fai que sexa necesario ter determinadas consideracións ó escribir a aplicación, o que resulta unha molestia para as persoas que podan participar no proxecto.

Outra tarefa en marcha é deseñar a proposta da informática na Escola. Manter os sistemas de un centro de formación sempre é complexo, pero só temos que determinar cal é a mellor opción.

Xa vou pola mitade da segunda parte do Criptonomicón. Sen dúbida é a novela que maior setisfacción me proporcionou de tódo canto teño lido. Recoméndollo a tódalas persoas que gusten do mundo da informática e a tecnoloxía… ainda que o seu maior atractivo non é a temática, nen as alusións ás tecnoloxías de comunicación, computación ou criptoloxía, senon o xeito no que está escrita e os múltiples fios argumentais que se desenrolan.

O reenganche das nenas co cole tamén ocupou parte da miña enerxía nas últimas semanas… e nesto incluo á nena grande, a que vai dar as clases.

E non só retomo o blogue, senon o curso de C, que quedou interrumpido para min durante o tempo que impartin en Milladoiro. ¡Xa teño algunhas tarefas que facer, ademáis de recuperar a materia perdida!.

Por certo, estou en debeda cos alumnos do curso de Milladoiro. Pouco a pouco irei completando o manual en OODocGal e teño que poñerlles un enlace desde aquí ó “Chuletario de comandos” de GNU/Linux. Esto último temán é aplicable ó manual de terapia floral. En canto os teña poño unha nova ó respecto.

One Response to “Recuperando a normalidade”

  1. nes Says:

    O Criptonomicón mola moito! Foi para min a novela que necesitaba para desprenderme de certas ideas. De Stephenson encantoume “La era del diamante: manual ilustrado para jovencitas”. É moito máis curto pero igual de denso en fíos argumentais e metáforas. Da moito que pensar.

    Eu agora embarqueime na lectura do ciclo barroco. Sinceramente, creo que son un inconsciente! :D

    Boa lectura.

Leave a Reply