Esta mañá recollín unha carta no lote de correo en buscaRaio de un destino que de xeito cotiá se forma no portal do edificio. Era unha carta de Endesa, a compañía coa que temos contratado o suministro de luz e de gas.

Descoñezo cantos días fai que a carta estaba no lote de correspondencia orfa. Reviso ese monton un par de veces por semana, pero o mesmo poden ser catro que ningunha vez, así que xa non sei cando foi que mirei con anterioridade.

A carta viña ó meu nome, pero no enderexo non figuraba o piso nen a porta, así que, a falta de indicacións ó respecto nos buzóns do edificio, o carteiro deixou o sobre riba do montón de sobres que se acumulan, en equilibrio incerto, sobre o primeiro pomo do pasamáns no portal. O que máis me chama a atención é que xa fai meses que somos clientes de Endesa, e sempre recibimos a súa correspondencia de xeito correcto. Supoño que algún colega do departamento de informática de Endesa terá esquecido unha coma ou un paréntesis nalgures e agora o sistema automático de impresión de correspondencia personalizada está a omitir parte dos datos dos destinatarios.

Cando o abrín localicei rápidamente as palabras “contrato” e “baixa” a poucas verbas de distancia. O emprego cotiá de Internet para rastrexar información agudiza este tipo de capacidade de lectura selectiva. O caso é que a aparición simultanea destas dúas palabras nunha carta, remitida pola empresa que me proporciona a enerxía que emprego cada día para quentar os meus alimentos e cargar a batería do meu ordenador, fixo que centrase a miña atención na lectura e a interpretación do conxunto do texto.

Despois de lela detidamente cheguei a varias conclusións:

  1. A carta dí exactamente o que parece. Endesa está a tramitar a baixa do contrato que mantemos con ela.
  2. Lin a carta de casualidade. Se non mirase o montonciño de cartas hoxe, é posible que o luns xa non tivese oportunidade de facelo, pois algun heroe anónimo para min, encargase regularmente de facer desaparecer as cartas acumuladas no portal. (¿Unha tarefa no cron, secadra?).
  3. Os motivos polos que Endesa está a tomar dita medida non se mencionan en parte algunha do documento.
  4. Endesa quere que chame para falar con ela, pois ademáis de non entrar en moitas explicacións de porqué vou pasar a noite ás escuras, proporcioname un número de teléfono “no que estarán encantados de atenderme”.

Unha certa curiosidade… ou secadra era desacougo, lébame a chamar ó numero que me indican na carta, e unha señorita (non sei se me indicou o seu nome, xuraría que non), informame amablemente de qua a causa da rescinsión do contrato é un recibo impagado do mes de xullo.

Ainda que podía preveer a resposta da rapaza/moza… da persoa coa que estana a falar, espresei a miña (finxida) sorpresa de non ter recibido ningún tipo de aviso previo á tramitación da baixa por parte de Endesa. Digo que a sorpresa foi finxida, por que vendo que lin o aviso de baixa por putra casualidade, podo supoñer qué foi o que sucedeu coas notificacións anteriores.

Despois de que a persoa que fala no nome de Endesa confirme as miñas sospeitas de que as notificacións foron enviadas, fago a miña proposta de solución: eu son responsable de non ter pagado o recibo, alomenos son responsable ante Endesa, xa me arreglarei eu coa caixa para ver que pasou en realidade; pero do que non son responsable é de non ter recibido as notificacións, en vista de que Endesa está a poñer a dirección na sua correspondencia de xeito incorrecto; así que, por suposto, asumo o pago do recibo (amablemente outra vez, a persoa que me atende me ofrece pasar novamente o recivo polo banco, ó que accedo agradecendolle o ofrecemento), pero deixo claro que non aceptarei que Endesa me obligue a facer ningún tipo de trámite nen me cause molestia algunha consecuencia da baixa que iniciaron unilateralmente, sendo responsabilidade sua que eu non tivera recibidas as notificacións previas.

Depois de uns segundo, e sempre de xeito correcto e amable, a persoa coa que estou a falar indícame que neste intre (é sábado) non pode consultar o caso con ningunha persoa autorixada a tomar unha decisión, pero que o luns encargaráse de chamarme para informarme de cal é a situación a partir deste momento. Tamén me aclara que lle parece complicado “a estas alturas” se poda deter o proceso de rescisión do contrato.

Xa veremos o que pasa.

Leave a Reply

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>