OoDocGAL reabre a páxina
Fai algún tempo que desde CompostelaWireless e DP Informática se iniciou un proxecto para crear un curso de informática básica en galego e baseado nun entorno GNU/Linux.
A primeira pedra deste proxecto foi OoDocGAL, un wiki no que se pretende ir producindo un curso sobre o paquete ofimático OpenOffice.org. Por cuestións técnicas o proxecto desapareceu da Rede durante alguns meses, e agora reaparece para continuar o traballo.
Durante este tempo apareceu outro proxecto da man de TEGNIX que ten uns obxetivos similares, así que é importante buscar o xeito de facer que os dous proxectos se potencien entre si.
Irei dando novas.