Cencia médica
Non sei que carajo nos pasa coa caste médica, pero parece que as poucas veces que a miña compaleira ou eu temos que o sir visitar por necesidade, rematamos por sair escaldados.
Desta vez a Sra. doutor(a?) trabucou a dosificación dos antibioticos. Mandounos cada oito horas no canto de cada seis. E esta posoloxía foi confirmada á sua vez por un segundo doutor, o xinecólogo da miña chica, ó que consultamos por teléfono para evitar problemas. Pero nen así.
Mañá visitaremos en persoa ó xinecólogo. A ver que nos dí. Segundo a farmaceutica que nos aclarou o problema, estamos moi preto dos dez días de duración máxima do tratamento con estos antibioticos, así que probablemente agora sexa necesario iniciar un novo tratamento con un medicamento diferente. Como miña compañeira está dando o peito a cousa se complica un pouco máis, pois ten que ser un medicamento compatible coa lactancia.
A farmaceutica di que non é a primeira vez que ve este problema, que os médicos teñen o costume de recetar tódolos antibioticos en periodos de oito horas, cando non todos se poden tomar así. Parece que xa tivo que correxir a máis de un médico neste senso.
Por que a cuestión é que na nosa tecnoloxía medica, na occidental, os médicos entenden de enfermidades, pero os que entenden de medicamentos son os farmaceuticos… e iso a min sempre me causou desacougo.
A lección que quero sacar disto é: cada vez que o médico me recete algo, cando o vaia buscar á farmacia, contrastaréi o tratamento coa opinión do farmaceutico. E se podo de un par deles.