Erik Mongrain

Últimamente teño problemas para atopar música nova que me satisfaga. Tampouco é que lle dedique moito esforzo a buscala de xeito activo. A cousa é que fai algúns días atopeime con este vídeo.

Non só me resultou espectacular. Transmitiume algo tamén. Da sensación de que o vive. Os temas que escoitei de el son todos en solitario, ainda que sona coma unha orquesta. Son temas moi intimos e tamén variados. Desde chorros de son como este do video a outros máis melódicos. Merece a pena.

Podedes coñecer mellor a este artista na sua páxina web.

Leave a Reply