Problema: necesitamos instalar un PC que pase unha serie de presentacións nun televisor de xeito automático. O PC está situado de tal xeito que non terá teclado, nen monitor nen acceso por rede. Ainda así necesitamos que o propietario, que non ten coñecementos de informática, poda cambiar as presentacións que se proxectan por si mesmo.
Solución: almacenamos as presentacións nun soporte extraible (no noso caso unha memoria USB) e facemos que o sistema busque presentacións no soporte cada vez que se inserta e as reproduza de xeito cíclico. A posta en práctica:
#!/bin/sh
while [ -b /dev/sda ]; do
[ "$(mount | grep /media/usb)" ] || mount /dev/sda
for present in $(find /media/usb/ -name “*.ppt”); do
pptview $present
done
done
[ "$(mount | grep /media/usb)" ] && umount /media/usb
sleep 1
/home/atlas/presentacion.sh & exit
Resultado: o usuario prepara as súas propias presentacións, almacenaas nunha memoria USB e logo insire a memoria USB no equipo adicado a amosar as presentacións. Segundos despois as presentacións aparecen no televisor. Cando desexa cambiar as presentacións, retira o memoria sen mais, fai as modificacións oportunas e introduceo outra vez.
Así, cunhas liñas escritas en 20 minutos e un PC vello proporcionamos unha solución. GNU/Linux está pensado para a flexibilidade, para dar solucións. Tanto a nivel técnico como a nivel do usuario común. É un sistema hacker.
Sinxelo, eficaz, elegante.

Deixa unha resposta