O blogue é o novo diario personal electrónico. Iso resulta evidente, ainda que eu o tiña esquecido. Tamén é evidente que o blogue é MAIS que o antiguo diario persoal “analóxico”.

Todo isto lembreino despois de reler O poder das redes, do que tamén podedes atopar a versión orixinal en castelán. É un texto imprescindible para calquera que pretenda empregar o seu blogue para propoñer ideas e proxectos.

Despois desta nova lectura do documento púxemme a reorganizar as seccións (temas) do blogue para facelas máis útiles de cara á sindicación. Concretamente pensando en participar en un par de agregadores. Así que me puxen a separar as anotacións do blogue en diferentes categorías.

Algunhas das anotacións publicadas teñen que ver coa empresa, DP Informática e as suas actividades e proxectos. Outras están relacionadas coa miña militancia na asociación CompostelaWireless. Algunhas outras pertencen á miña visión da sociedade na que vivimos e algunhas outras falan das cousas que me pasan ou do meu mundo interior. Moitas delas falan do que é Internet e o que podería chegar a ser, de propiedade intelectual e software libre. Todas estas últimas poderían estar relacionadas tanto con DP coma con CompostelaWireless, pero moitas delas reflexan únicamente posturas personais.

Una vez que creei as novas seccións e clasifiquei as anotacións esistentes dentro das mesmas dinme conta de algo: as anotacións suceptibles de ser encaixadas nas seccións máis intimas eran escasas e cáseque superfluas. ¿Non teño vida interior?. ¿A liña que separa a miña vida profesional/social do meu mundo intimo é demasiado lixeira?. Máis ven coido que non me estou facendo demasiado caso. Ando demasiado ocupado “ocupándome de ocupacións” como para ocuparme “das miñas cousas”.

O blogue, igual que o diario, pode achegarnos a unha meirande comprensión de nos mesmos.

Introspección

2 RespostasO Blogue como ferramenta de introspección to “”

Trackbacks & Pingbacks:

  1. » O poder das redes deUgarte.com
  2. chuza.org

Deixa unha resposta

v

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> <span class=""> <p> <br>