Archive for Agosto, 2007

Macs, webs e muros de pedra

Xoves, Agosto 30th, 2007

ReixasUn aula de iMacs con un trio de G5. O reto consiste en migrar estos equipos a GNU/Linux e facer de todos eles un aula utilizable. Nesto andamos ocupados e entretidos en facer algún presuposto e deseñar algunha web, cando nos vemos pechados entre invatibles muros de pedra.

Si, si. Tal e como o oides. Porque, a pesar do que a xente pensa, o traballo de informático non está libre de algúns riscos, sempre inesperados.

Menos mal que á fin sempre chega o adalid do ben, diposto a derrubar cos seus brazos, se fora necesario, os muros que nos privaban da nosa liverdade.

Neste caso o adalid traia chaves, así que non foi necesario derruir ningún edificio historico para salir del. Para outra vez, asegurarémonos de sair antes que marche o conserxe. :-P

Ensinar, aprehender

Xoves, Agosto 30th, 2007

Hoxe empexamos o curso de programación en DP. Facía tempo que non me sentía tan ben nunha clase teórica.

Foron tres horas largas, cheas de explicacións e conversas intensas, tentando de sentar as bases de coñecementos que nos permitan iniciar con seguridade e eficiencia o camiño da programación. Da man de Anxo, proposicións, Álxebra de Boole, sistemas de numeración e codificación encheron a atmosfera de forma clara e iluminadora.

Non so se trataba de explicar e demostrar, senon de xustificar. De ver como as bases inmutables da computación se deixan ver reflexadas nos sistemas modernos e nas aplicacións e linguaxes de alto nivel. De por que un byte ten 8 bits. Da necesidade de calcular os bytes necesarios para almacenar o resultado dunha operación.

Na próxima clase, complememto a dous para continuar a codificación e teoría de microprocesadores.

Estou desexándoo.

Máis sorrisos

Martes, Agosto 28th, 2007

Criptonomicon IEsta fin de semana estáme a regalar tamén algún momento moi especial.

Por un lado, a miña nena mediana (coa grande estou casado) gañoume algunha partida ás damas, facendolle algunhas correccións e axudandolle a manter a atención, pero fíxome sentir moi orgulloso. Tamén me está a sorprender a velocidade á que aprende cos Pingus.Vou buscar un balde pras babas.

Por outro lado, ou meu mentor en temas de cencia-ficción deixoume caer enriba a primeira parte do Criptonomicón. É un libro perigoso, deses que te atrapan e son difíciles de soltar. Pero o mellor é o xeito no que se reflexa certos tipos de mundos interiores. O autor é o mesmo que o de algunha obra da biblioteca CW. Se te apasiona o mundo da tecnoloxía, probablemente necesites ler este libro.

Entidades públicas e webs

Sábado, Agosto 25th, 2007

RSSNon se pode negar que o intentan. Polo menos oficialmente consta que as administracións públicas deberían de estar a facer un esforzo por axeitar as súas páxinas web ós estándares e acadar que sexan ferramentas áxiles e útiles para a sociedade/cidadanía.

Esta mañá estiben intentando atopar algunha páxina relacionada coa Axencia Tributaria, a Xunta ou algun colexio profesional de graduados sociais que proporccionase algún sistema de sindicación. Non fun quen de atopar ningún (se cadra alguén me deixa algún enlace nun comentario).

¿E cal póde ser o motivo/motivos polos que entidades, supostamente ben in-formadas e asesoradas non emprega e proporciona unha tecnoloxía tan práctica e potente?. Posiblemente polos mesmos motivos que facían que ate fai pouco tempo a maioría das páxinas de entidades da administración só eran visitables cun único navegador de Internet (o navegador único, o navegador para atraelos a todos y atalos nas tebras), ou os mesmos motivos polos que a administración segue a gastar moitos (moitos, moitos) miles de euros en software pouco fiable e moi desconfiable.

A cuestión é que se as páxinas web son ferramentas para a cidadanía (administración electrónica, bla, bla, bla) e unha das principais funcións é a de ofrecer información e difundila, os feeds, a sindicación, o RSS ou calquera dos seus amigos, é unha ferramenta insuperable.

¿Imaxína, señor director xeral da consellería x, decenas de páxinas de decenas de xestorías, asesorías, etc. visitadas diariamente por centos de clientes destas asesorías, facendo de repetidor da información difundida na páxina da sua consellería?. E todo grátis e de xeito instantáneo. ¿Hai algo máis cómodo para os centos de persoas que precisan de ler os boletíns oficiais diariamente que poder ter un botonciño no seu escritorio no que recibir as novidades de xeito automático?.

Ainda por riba estaríanse xerando centos de enlaces en páxinas de Internet, camiños que conducen ós redenautas de xeito unívoco cara as páxinas web da administración.

A iso se lle chama difusión e achegamento.

OoDocGAL reabre a páxina

Xoves, Agosto 23rd, 2007

OoDocGALFai algún tempo que desde CompostelaWireless e DP Informática se iniciou un proxecto para crear un curso de informática básica en galego e baseado nun entorno GNU/Linux.

A primeira pedra deste proxecto foi OoDocGAL, un wiki no que se pretende ir producindo un curso sobre o paquete ofimático OpenOffice.org. Por cuestións técnicas o proxecto desapareceu da Rede durante alguns meses, e agora reaparece para continuar o traballo.

Durante este tempo apareceu outro proxecto da man de TEGNIX que ten uns obxetivos similares, así que é importante buscar o xeito de facer que os dous proxectos se potencien entre si.

Irei dando novas.

Firma dixital GPG e Seahorse (Primeira parte)

Mércores, Agosto 22nd, 2007

No blogue de toniocastro vexo o anuncio dunha nove versión de Seahorse. Seahorse é un programa que nos permite xestionar as nosas firmas dixitais GPG de xeito doado. E isto dame unha escusa para falar das firmas dixitais.
A firma dixital é unha desas cousas que oimos na tele. Contannos cousas dela e parece algo importante pero non rematamos de enterarnos moi ben de para que serve, nen moito menos cómo podemos empregalo.

A firma dixital consiste en un xogo de chaves que nos da tres funcionalidades básicas:

  1. Ocultar o contido de arquivos da vista de terceiros: función de cifrado.
  2. Acreditar a nosa identidade: a este nivel funciona como unha especie de pegada dixital ou firma persoal.
  3. Acreditar a integridade de calquera tipo de arquivo informático: función de certificado electrónico.

Entenderémolo mellor se compredemos cómo funciona.

Como mencionei antes, a firma dixital é un xogo de chaves, concretamente dúas:

  1. Unha serve para pechar. Chámaselle clave pública e poderemos darlle unha copia a tódo o mundo.
  2. Outra serve para abrir. Chámase clave privada e ninguén terá acceso a ela escepto nos.

O que se pecha cunha chave pública pódese abrir coa sua correspondente chave privada. Así que en principio todo o mundo poderá pechar cousas que só nos poderemos abrir. ¿Para que sirve isto?. Imos poñer uns exemplos.

  • O noso doutor ten que mandarnos un resultado dunhas probas e desexamos facelo coa máxima confidencialidade. Se lle proporcionamos una copia da nosa chave pública, poderá mandarnos un correo electrónico pechado (cifrado) coa mesma, de xeito que só nós podamos abrir dito correo.
  • Outro exemplo. Almacenamos datos privados nun ficheiro que transportamos no noso ordenador portatil. Nese arquivo atópanse números de conta nosos e da empresa para a que traballamos, números secretos de tarxetas, números das alarmas da oficina e contrasinais de acceso ás direccións de correo e páxinas web do negocio. Se perdemos o ordenador portatil e alguén accede a esa información podería ser desastroso. Podemos pechar (cifrar) o arquivo coa nosa propia chave pública e coa chave pública do noso xefe, de xeito que só nos mesmos e mais o noso xefe poderemos acceder á información contida no ficheiro.

Isto no que se refire a manter a privacidade de determinados ficheiros. Pero antes mencionei que temos outros dous usos para as firmas dixitais: firmar documentos para identificarnos como autores e para amosar a nosa conformidade cos mesmos (non ten porqué ser un documento de texto, pode ser unha foto ou calquera outro ficheiro).

Cando desexamos “firmar” un ficheiro o ordenador toma da firma GPG a nosa dirección de correo electrónico e o noso nome , e xunto co a data actual e os cifra mediante un calculo baseado nos datos do arquivo e o da nosa chave privada. O resultado almacénase nun arquivo que constitue a firma en si e que debe manterse sempre xunto ó arquivo que desexamos firmar.

Se mandamos a alguén o ficheiro xunto coa firma, o seu ordenador pode revertir os calculos do cifrado para recuperar o noso nome, correo electrónico e data na que foi realizada a sinatura, pero só se o contido do ficheiro non variou desde que a sinatura se calculou. Como é necesario manter o arquivo intacto para recuperar os datos almacenados na firma, se alguén tratou de alterar o contido do ficheiro o ordenador será incapaz de recuperar os datos da sinatura e diranos que a sinatura é invalida, e nós saberemos que non podemos confiar no documento.

Se o documento non foi alterado, a persoa que recibe o ficheiro pode ver os noso datos, e se posue a nosa chave pública pode ter a seguridade de que fumos nos quenes firmamos o ficheiro, e que este non cambiou desde que o fixemos.

É importante quedarnos cunha copia da firma para poder comprobar tamén nós a autenticidade dun ficheiro que mandamos a alguén.

¿ Canto é interesante asinar un documento?:

  • Entrega de documentos de reclamación.
  • Envio de facturas, orzamentos, alvaranes.
  • Entrega de informes e valoraciones.
  • Entrega dedocumentos correxidos ou revisados por nos.
  • En calquesa situación na que necesitemos coñecer se alguén modificou un ficheiro desde que nos o revisamos.

Dentro de uns días veremos cómo empregar Seahorse, unha aplicación que nos premite crear as nosas firmas GPG e empregalas para asegurar as nosas comunicacións e ficheiros de xeito sinxelo.

GnuPGSeahorse

Open Document en M$Office

Mércores, Agosto 22nd, 2007

Sun Microsistems, os iniciadores do proxecto OpenOffice, veñen de anunciar un complemento que permitirá que os usuarios de Microsoft Office podan abrir os documentos xenerados con OpenOffice ou calquera outro que empregue o estandar Open Document.

Desde agora, rematouse o de gardar os documentos en .doc ou .pdf para que os usuarios de M$ podan abrilo. Xa podemos mandar o .odt… e se protestan indicar amablemente que instalen o complemento… ou o OpenOffice.

Nota: o pluguin funciona só de xeito parcial no Office 2007. O resto de versións soportan o engadido de xeito correcto.

Open Document FormatOpenOffice.org

Cencia médica

Martes, Agosto 21st, 2007

Non sei que carajo nos pasa coa caste médica, pero parece que as poucas veces que a miña compaleira ou eu temos que o sir visitar por necesidade, rematamos por sair escaldados.

Desta vez a Sra. doutor(a?) trabucou a dosificación dos antibioticos. Mandounos cada oito horas no canto de cada seis. E esta posoloxía foi confirmada á sua vez por un segundo doutor, o xinecólogo da miña chica, ó que consultamos por teléfono para evitar problemas. Pero nen así.

Mañá visitaremos en persoa ó xinecólogo. A ver que nos dí. Segundo a farmaceutica que nos aclarou o problema, estamos moi preto dos dez días de duración máxima do tratamento con estos antibioticos, así que probablemente agora sexa necesario iniciar un novo tratamento con un medicamento diferente. Como miña compañeira está dando o peito a cousa se complica un pouco máis, pois ten que ser un medicamento compatible coa lactancia.

A farmaceutica di que non é a primeira vez que ve este problema, que os médicos teñen o costume de recetar tódolos antibioticos en periodos de oito horas, cando non todos se poden tomar así. Parece que xa tivo que correxir a máis de un médico neste senso.

Por que a cuestión é que na nosa tecnoloxía medica, na occidental, os médicos entenden de enfermidades, pero os que entenden de medicamentos son os farmaceuticos… e iso a min sempre me causou desacougo.

A lección que quero sacar disto é: cada vez que o médico me recete algo, cando o vaia buscar á farmacia, contrastaréi o tratamento coa opinión do farmaceutico. E se podo de un par deles.

Risa

Martes, Agosto 21st, 2007

Esta fin de semana, concretamente este domingo no serán, rinme como facia moito que non me ría. Coas miñas dúas pequenas: Lucía e Aldara. Rebrincando na cama. Facendo o tonto. Sentinme feliz de velas ás duas rindose xuntas. Contaxieime da sua risa. Facía tempo que nada me prestaba tanto.

Sorriso

Erik Mongrain

Venres, Agosto 17th, 2007

Últimamente teño problemas para atopar música nova que me satisfaga. Tampouco é que lle dedique moito esforzo a buscala de xeito activo. A cousa é que fai algúns días atopeime con este vídeo.

Non só me resultou espectacular. Transmitiume algo tamén. Da sensación de que o vive. Os temas que escoitei de el son todos en solitario, ainda que sona coma unha orquesta. Son temas moi intimos e tamén variados. Desde chorros de son como este do video a outros máis melódicos. Merece a pena.

Podedes coñecer mellor a este artista na sua páxina web.