En Belxica a arte será só pra os ricos

Un tribunal (¿de inquisición?) obriga a un ISP (Tiscali) a que impida o tráfico dos P2P na súa rede. Esto, non podia ser doutro xeito, a petición da SABAM (a SGAE belga) que non quere que a xente intercambie a música dos seus “protexidos”. Teríamos que investigar cal é o precio da música no pais belga, e se a súa lexislación pena o intercambio de obras intelectuais mesmo se é sen ánimo de lucro. No noso país todos coñecemos o precio das creacións artísticas, especialmente dos discos, e todos sabemos tamén que no noso pais o SE NON HAI ANIMO DE LUCRO NON HAI DELITO.

Como informático, o que máis me preocupa é que nomee ó proveedor de servicios coma responsable de impedir o trafico de P2P. É algo así, para entendernos, como se encargan a AUDASA controlar e impedir na autopista a circulación de coches que transporten discos que van ser vendidos no top manta. Máis ou menos.

Leave a Reply