E a Sagrada Familia non podería ser monoparental?

É doado ler/escoitar opinións como as recollidas no blogue de Blas García. E eu enténdoos: A igrexa católica non está acorde ás ideas e esteticas actuais. Estou de acordo, pero coido que esto só se pode dicir como unha afimación, mais non coma unha crítica. A ver se me esplico.

Se teño ganas de formar parte de un clube de danza clásica, non debería de apuntarme no equipo de rugby. Podo facelo, claro, para iso son libre. Pero non debería de parecerme raro que o resto de persoas do equipo (que por certo, xa eran do equipo moito antes de que a min se me ocurrira apuntarme) non debería parecerme raro, decía, que os do equipo se neguen a xogar ó ritmo de Straus ou a empregar tutú no canto de colloeiras. Non sería moi lóxico criticalos por eso. Pódoos critiar por ter medo o contacto físico durante o xogo, por fuxir do esforzo físico, por descoñecer ou incumplir as regras do xogo ou por non respetar ós compañeiros, á afición, ós contrincantes ou ós xuices do xogo. Pero non por xogar con casco e non poñer moño.

Non sei se me entendedes. Se eres, queres ser, ou te sintes católico, pois se entende que estas de acordo cos preceptos de esa relixión (si, si, é unha relixión, non unha asociación) e que cumpres as suas indicacións e coincides nas suas actitudes. Se non é así quere dicir que non es católico. Poida que cristian… pero de outra rama: protestante, evanxelista, estudiante da sete lapas… tes para elixir. Mesmo poida que o tema do cristianismo non vaia contigo. O induismo, por exemplo, é máis flexible e variado, máis colorido… e o satanismo ten o seu aquel. Informate… a ver que atopas. Lembra tamén que para ter vida espiritual non é necesario pertencer a unha relixión, ok?.

Por outra parte, eu teño unha critica para as persoas que “bautizan”, “primocomunean” e “confirma” á sua descendencia sen ser en realidade católicos. Eu tamén cain no erro de casar pola igrexa no seu día, e recoñezo o mal que fixen daquela. A Igrexa Católica, non se conforma con representar (¿governar?) unha relixión, senon que pretenden influir nas cousas do mundo de xeito directo e contundente. Buscan manter unha influencia política e un poder económico que sempre posuiron. Esta influencia e poder acadana, en grande parte, gracias ó volume do seu “libro de socios”. Cada ceremonia que oficiamos na súa igrexa é un argumento que lles damos para empregar fronte a governos como o noso, que tan a gusto busca o xeito de compracer a tan ilustre institución. E claro… en realidade todas esas ceremonias son “de broma”.

Si, é certo que a Igrexa Católica fai moita obra de caridade. Os bancos e as caixas tamén. Pero é facil dar algo de limosna cando tes o peto a estoupar e ainda por riba contas con obreiros que traballan pola comida e a durmida… ou menos. Pensádeo ben. O non o pensedes nada. Según.

Leave a Reply