Coios ás agalgadas

Coios ás agalgadas… e non me importa moito o que teñan que dicir. Pregúntome se moita da crispación que hai ó redor do tema da lingua non será culpa de tanta normativización. Galego normativo. ¿Iso que é?. ¿É posible un modelo no que a lingua é fabricada por unha élite de xeito sintético, para logo ser imposta ó povo ?. ¿Qué explicación se pode dar a que unha lingua mude ciclicamente concidindo cos cíclos sociais?. Iso non existe, meu.

Xa empezaron a amolar cando, de neno, chamaronlle “andoriña” á miña anduriña e “lapis” ó meu lápiz. Logo quixéronme quetar o meu “pra”. O pouco que me aprenderan na escola tíveno que desaprender no instituto. O sentimento é de frustración, e a culpa é toda miña, por lles facer caso.

Non meus reis, non. A lingua constrúena as persoas. Esta bén conservar e lembrar, investigar, enriquecer… pero a másima autoridade da lingua é a xente, a da rúa. ¿É posible algún modelo no que a academia recolla as incorporacións á lingua feitas polo povo?. ¿Resulta eso familiar?. Pero claro… non imos facer as cousas coma o “enimigo”. Estades enfermos.

Leave a Reply