Neutralidade da Rede
Xoves, Xuño 21st, 2007Desde hai meses podemos ler artigos e comentarios sobre o perigo da perda da neutralidade da Rede de Redes. Falan da intención de algúns ISP de primar o tráfico de determinados contidos fronte a outros, ou do contido de determinados clientes fornte a outros. Coido que andamos algo despistados.
A rede non é e non será neutral mentras o acceso á mesma se xestiona coma un mercado no canto de coma un servicio. Os ISP priman e primarán os accesos que a eles lles interesan en detrimento dos que lles saen menos a conta. Os tipos de contratos, as zonas xeográficas con accesos de segunda e terceira categoría e sen acceso de ningún tipo; os precios do acceso á Rede regulados seguindo os criterios do Sacro e Santo Mercado; as leis que impiden a aparición de verdadeira competencia nese mercado, a entrada de pequenas empresas e que impiden, sobretodo, que poda esistir un servicio de acceso público á rede. Estos son os primeiros expoñentes da falta de neutralidade da Rede.

O acceso a Internet, do mesmo xeito que calquera outro sistema de comunicacións, debería rexirse baixo a consideración de servicios fundamentais para a sociedade, estando controlado o seu comercio por normas que garantisen o acceso universal ás mesmas para TODOS os cidadáns que o desexasen, e mecanismos para comprobar que estas normas fosen respetadas e aplicadas. Mentras esto no sexa así, estamos a falar dunha neutralidade de rede que non existe.
A actual xestion da rede baséase básicamente na especulación, no peor dos sentidos da palabra. Acaparar recursos para facer que a demanda dos mesmos aumente e o precio suba. Os ISP non dan acceso a máis servicios dos necesarios, e o fan sempre baixo a mínima garantia posible. O servicio sempre se fai mediante empresas subcontratadas, que contrata a persoal en condicións precarias e con unha formación máis que cuestionable. A Rede presentase, publicítase, coma un ben de consumo, unha forma de ocio, un xoguete. Internet, para moitisima xente, está o mesmo nivel que a television de pago ou a videoconsola. Búscase o cliente da “sociedade do benestar”. O cliente inconsciente cunha posición acomodada e que no canto de “facer uso”, “consume”. Trátase de vende o caramelo o máis caro posíble, vendéndollo a quen máis pode pagar.
¿E os demais?. Que importan…