Man

Lembra cando saia á busca de froitos ou caza, ispo, coas mans en terra, un pau un coio. O corpo húmido e frío. Temeroso. Astúas crias, o teu grupo. Non saber se regresarás. A vida era dura daquela. E breve.

Un tiña que sair a buscar alimento. Algún. Calquera.

Outros quedaban no refuxio, agardando sobrevivir. O grupo celebraba o retorno dos membros. A sua supervivencia e, ás veces, os frutos da terra que chegaban.

O que regresaba tamén celebraba o regreso.

Os que quedaban preparaban abrigo, máis tarda ferramentas, máis tarde adornos e arte. Tesouros máxicos, abraiantes, que máis tarde celebrarían tamén os que regresaban.

Co tempo foron “os que saen” e “os que se quedan”. Os que saen leban ferramentas, abrigos e armas. Os que quedan quedan con alimentos e materias primas.

Mans

Os que marchan teñen mellores ferramentas, saen durante máis tempo, con menos medo. Regresan máis.

Os que quedan construen mellores ferramentas para facer ferramentas mellores. Cada vez é máis doado. Teñen tempo para observar, para compender. Empezan a arrincar froitos do berce da terra, a cultivalos.

A vida era máis longa, menos dura. Os nenos chegaban a mozos. Moitos a adultos.

Máis máns para sair a cazar. Máis mans para sacar froitos do ventre da terra. Máis mans para construir ferramentas. Algúns observan e comprenden, e ensinan ós demais. Xa son cazadores. Xa son labregos. Xa son artesans. Xa son tecnólogos.

Os cazadores traen carne, pero tamen materiais. Son respetados e celebrados.

Os labregos cultivan os foritos da terra e traen alimentos. Son respetados e celebrados.

Os artesáns construen aperios, ferramentas e armas que permiten ós demasi. Son respetados e celebrados.

Os tecnólogos descubren mellores xeitos de cazar, facer ferramentas e obter frutos. Fan a vida máis doada e son respetados e celebrados.

Todos son repetados e celebrados por que axudan ós demais. Por que lle fan a vida máis doada e agradable e axudan a manter con vida ós fillos.

Cada quen aporta o seu para o ben de todos e todos viven millor.

Leave a Reply

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>