Correo para Mancomun.org relativo a FON e OpenWRT
(…)
Por outra parte, publicades unha noticia sobre FON na que incurrides nun erro importante. O texto da noticia da a entender que o proxecto OpenWRT é de FON, cando en realidade é anterior a FON. FON empregou o software deste proxecto para crear os seu producto e o seu negocio, e inicialmente violo a licencia ó distribuir o seu software sen facer públicas as modificacións realizadas. Na actualidade xa permiten descargar as fontes coas modificacións, pero é de todo incorrecto falar do “seu proxecto Openwr”.
Para colmo, na páxina web do blog que enlazades, menciona un “proxecto de FON” para exportar o correo local ás contas de GMail. En realidade non é mais ca unha interface web para unha aplicación xa existente e que enlazan nun texto diminuto ó pé da páxina. ¿Sabiades que “La Fonera”, router que FON distribue, envia o contrasinal a FON cando o usuario o cambia?, ¿E que a interface da rede local de este router ven configurada en modo promiscuo de serie?, ¿como se pode pedir a ningue, ou fomentar que ninguen, mande os seus buzóns de correo a un servidor de unha compañia que aplica este tipo de políticas?.
Creo que deberíades de informarvos sobre qué é FON en realidade (non é unha “gran comunidade WiFi”, como dicides no voso artigo) e plantexarvos se é ético mencionar nin unha vez máis ese negocio baseado na explotación dos recursos alleos e de especular coa dificultade de acceso a Internet de algúns paises (se visitades os mapas de FON, veredes que nos paises con doado acceso a Internet apenas si hai “Foneros”).
Nos principios de FON, cando non eran ninguén, foron chorando polas comunidades wifi (que tampouco eramos e seguimos a ser ninguén) para que traballásemos coma os seus comerciais, ainda que eles dician que querían axudarnos a realizar os nosos proxectos. Foron rexeitados por TODAS as comunidades wifi, pois os nosos proxectos se basean no servicio, mentras que FON non deixa de ser unha estafa. Por aqueles tempos, na páxina de FON podíase ver un apartado denominado “Amigos de FON” no que se listaban os nomes de diferentes comunidades wireless que non tiñan ningún tipo de relación, alomenos de amizade, con FON. Desde CompostelaWireless, e no nome de outras comunidades, esiximos que ese apartado fose retirado. Daquela cambiaron o nome do apartado para denominalo “Outras comunidades wireless”, nun claro intento de dicir “nos tamén somos unha comunidade wireless”, afirmación na que se manteñen.

FON é unha INICIATIVA EMPRESARIAL baseada na explotación da conexión a Internet de outras persoas, aproveitando a sua ignorancia, e empregando unha imaxe de comunidade moi lonxana ó que despois demostran cos feitos. Non o podo saber, pero si creo que este “apoio” de FON ó Software Libre non é senon outra forma de manter a imaxe de “comunidade” e “cooperación” que empregan para que a xente participe no seu proxecto empresarial, sen producir máis beneficio que o lucro para a propia empresa FON, pero reducindo as posibilidades de outras iniciativas, cunha finalidade realmente social, que se ven empañadas polas campañas publicitarias de FON.Non creo que sexa bo para niguén facer eco de comunicados deste tipo, nos que unha entidade abusa do Software Libre simplemente por que da boa imaxe e “mola”. Non podemos seguir “politizando” o software libre, e esta é outra forma de facelo.
Espero que publiquedes unha rectificación sobre o proxecto OpenWRT e que retiredes a nova publicada dando publidade a FON.
Saudos.