FON

logofon1.pngFon é unha iniciativa empresarial, posta en marcha por Martín Varsavsky, que se baseada na oportunidade de acceder a Internet desde os puntos de acceso WiFi de voluntarios. A idea é que quen o desexe comparta parte do seu ancho de banda con outras persoas empregando un punto de acceso (AP) especialmente deseñado coñecido como “Fonera”.

A actividade de Fon se centra en promover a instalación de Foneras por parte de novos usuarios e na mellora da propia Fonera en sí, e de complementos para a mesma, como por exemplo antenas.

O funcionamento da idea é a seguinte: se instalas e mantes en funcionamente unha Fonera obtes contraprestacións de un de dous tipos. Podes optar por poder acceder gratuitamente a Internet desde as Foneras do resto de participantes en Fon en calquera parte do mundo ou podes elixir recibir unha contraprestación económica cada vez que unha persoa que non participa en Fon emprega a túa Fonera.

Se unha persoa allea ó proxecto quere empregar o acceso a Internet proporcinado por unha Fonera dun participante, ten que pagar unha cantidade de 3€, o que lle proporciona acceso durante 24h.

A inicitiva como tal está ben. O que quere participa e o que non quere non o fai. Desde logo, que a cousa vai a diante é unha boa iniciativa empresarial, Fon recibe os cartos da xente que emprega as conexións proporcionadas polas Foneras, paga unha parte ós participantes que optaron pola retribución económica, e a únicamente realiza inversión en publicidade e unha discreta inversión no desenrolo da Fonera. Agora ben… non todo é tan claro.

Se accedes á páxina web de Fon verás que as cousas non se expoñen así de claras. Todo se plantexa con unha imaxe de “colegueo” e amizade, facendo referencias con frecuencia á “comunidade Fon”. En definitiva, búscase facer sentir ás persoas que están a participar nunha especie de iniciativa solidaria, unha especie de asociación que busca un obxetivo común. Por exemplo, definen a súa “Fonera” coma un “router social” (¿¿??). Así que se a iniciativa en sí (en princio) é perfectamente lícita, non o é o xeito no que se presenta ó publico. ¿Porque?.

Por outra parte está a relación con outros operadores de Internet. Se o miramos ben, Fon está a construir unha rede propia para proporcionar acceso a Internet. Se o acceso ás Foneras estivese restrinxído só os “Foneros”, non habería problema. Trataríase dunha asociación entre persoas para compartir o acceso a Internet uns cos outros. Pero a cuestión é que se aluga o acceso a calquera que pague os 3€ diarios. Os que teñades acceso a Internet propio, se mirades a “letra pequena”, poderedes atopar unha ou duas clausulas que din que o acceso a Internet se proporciona únicamente para o uso dentro do domicilio asociado ó contrato e que o acceso a Internet non poderá ser subarendado ou redistribuido. Fon incumple, ou os Foneros incumplen, estas dúas clausulas do contrato que manteñen cos seus proveedores de acceso a Internet. Polo de agora as compañias proveedoras de servicios de Internet non meten baza no asunto, pero se a “rede de Fon” medra e empeza a afectar á cuota de mercado de outras operadoras… xa veremos o que sucede.

Por outra parte… ¿a que persoa lle pode interesar ser cooperar con Fon?. Inicialmente temos tres perfiles de persoas.

  1. Os que queren facer negocio ou rentabilizar o seu acceso a Internet (os que en Fon chaman Bills). Se o que desexas é facer negocio no noso pais, para proporcionar acceso a Internet de xeito profesional, deberás cumplir unha normativa específica e obter os permisos axeitados. Se o que queres é que a conexión a Internet che salga máis barata, é mellor que te poñas en contacto con un ou dous veciños para compartir a conexión e a factura. Xa empezan a aparecer comunidades de veciños que fan unha instalación de Internet comunitaria pagada en conxunto, que permite ter unha conexión de maior velocidade por precios moito máis asequibles. Tamén podes montar un punto de acceso con servicios similares ós da Fonera, obligando a quen pretenda usar o teu acceso a Internet a poñerse en contacto contigo e a contribuir na factura da conexión, sen necesidade de que Fon se quede con parte dos cartos.
  2. Se o que pretendes é compartir o teu acceso a Internet, por que crees que iso é bo e axuda a outras persoas, non necesitas para nada a Fon. Polos cartos que costa a Fonera podes mercar outros puntos de acceso mellores e permitir que calquera acceda á tua conexión sen necesidade de gastar ¡¡3€ por día!! (sae algo caro ¿non?).
  3. Por último están os que queren compartir o seu acceso, pero só con outras persoas que lles deixen acceder de xeito recíproco. Estas persoas, necesariamente, poseerán un portatil e viaxarán con frecuencia. De outro xeito Fon non lles aportará nada, por que se xa tes acceso a Internet na túa casa so te beneficiarás cando saias dela. ¿Cantas persoas poden coincidir con este perfil?. Son dabondas como para montar unha rede con suficiente presencia como para atopar outros nodos cando saias de viaxe?.

Realmente coido que as persoas que mercaron unha Fonera, ou simplemente ás que lles regalaron unha Fonera e a conectaron ó seu acceso a Internet non se pararon en recapacitar sobre todo esto. Simplemente se deixaron lebar pola “sensación de comunidade” que Fon transmite na sua publicidade e se deixaron seducir, sentindose participes dunha comunidade realmente inexistente.

A miña opinión é que Fon é unha iniciativa empresarial brillante, no senso de que require relativamente pouca inversión e esforzo e (gracias á inconsciencia da xente) pode producir beneficios considerables. O malo é que é unha iniciativa empresarial esteril. Non produce ningún tipo de beneficio social e se basea no engano e explotación de recursos alleos.

¿De quén é culpa isto? ¿do promotor da iniciativa? ¿dos publicistas contratados? ¿da cidadanía por non informarse e ser criticos?. Desde logo a responsabilidade primeira é do promotor da iniciativa. El é quen ten a última palabra.

O negocio parece estar a sairlle ben. De algún xeito conseguiu que empresas como Skipe ou Google apoien o proxecto. Mesmo firmou un acordo coa La Federación Nacional de Asociaciones de Ingenieros en Informática polo que esta axuda ó desenrolo das tecnoloxía que Fon necesita acambio de Foneras (é dicir, a cambio de ampliarlle o negocio a Fon). E é que nos dan un regaliño nin nos cuestionamos se nos interesa ou non… a cabalo regalado non lle míre-lo dente… ainda que teña a sarna e cha poda pegar.

Vivir para ver.

Leave a Reply

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>