Este ano, como o anterior, o Software Libre tivo a oportunidade de ser representado na XuventudeGaliza.Net.

Os ponencias respecto ó tema non foron especialmente ben acollidas. A escepción a esto foi a mesa organizada pola Consellería de Industria. Probablemente o sorteo que se realizou ó final de unha interesante cantidade de material electrónico tivo moito que ver. Poderíamos discutir a conveniencia ou non deste tipo de incentivos.

O espacio destinado ós obradoiros de Software Libre tiveron unha boa afluencia de xente. Especialmente o venres á tarde e o sabado á tarde e á noite.

Ainda que este ano a avaliación final da experiencia é positiva déronse certas circunstancias que resultaría importante evitar para próximas ocasións:

  • A organización deixou pasar moitas oportunidades de empregar (e amosar) Software Libre no evento: o ciber e as pantallas xigantes poderían empregar Software Libre fácilmente e sen que supuxese problema algún. Esto crea a imaxe de que “nos non empregamos software libre, pero o facemos presente por que queda ben”. O que por outra banda, non deixa de ser certo (o que teño que dicir sobre esto xa o dixen no artigo anterior).
  • As actividades porpostas e realizadas polos GUL non apareceron na programación oficial.
  • Os espacios asignados ás actividades dos GUL foron os máis agochado, invisibles e dificiles de atopar de todo o Pazo de Congresos.

Máis abaixo analizaremos o porqué destos dous últimos puntos.

As actividades realizadas no XGN polos GUL incluiron as seguintes charlas e obradoiros:

  • Mesa sobre o proxecto Mancomun.org
  • Mesa sobre a evolución de Internet e a sua funcion como soporte ás redes sociais
  • Charla sobre a evolución dos escritorios en GNU/Linux e as novidade actuais sobre o tema.
  • Demostración das ferramentas e recursos de progamación de aplicacións para Gnome.
  • Obradoiro de instalación dun mediacenter en entorno GNU/Linux: “Elisa”.
  • Obradoiro permanente de Software Libre.

Adicionalmente repartironse exemplares do libro “Documentos pra unha informática real”; recopilación de documentos que aportan as bases de coñecemento e a perspectiva necesaria para comprender a situación actual da informática persoal e a sua repercusión na sociedade. Tamén se repartiron pegatinas e chapas entre os asistentes ás actividades.

A valoración e conclusións que podemos extraer son as seguintes.

  • Nos próximos anos é necesario sincronizar mellor a proposta de actividades para fuxir de coincidencias con outras ofertas. Probablemente o mellor sexa centrarse no horario nocturno.
  • Os temas técnicos son mellor acollidos que os de índole social ou teórica. As charlas sobre novidades, sobre como facer esto ou o outro son mellor acollidas que as de ética, repercusión social, etc. É necesario ter esto en conta á hora de publicitar as actividades. Poida que tamén á de elixir as publicacións.
  • É necesario facer presión (ou buscar a vía que sexa) desde xá para que a implicación de Xuventude co Software Libre sexa maior. Máis real, se pode dicir. A miña opinión persoal é que están completamente á marxe do tema, escoitan campanas, pero necesitan que alguén os informe. Eles non o van facer por si mesmos.
  • A XGN ten unha inercia importante, por tamaño e antiguidade. O tipo de público é marcadamente “jugón-leecher”. Temos que incluir na proposta de actividades actividades dirixidas a este público, pero tamén podemos modificar o tipo de público da XGN. Nese senso vai o seguite punto…
  • Creo que sería boa idea empezar a traballar xá o XGN do 2008 e facelo de forma pública. Esto podería xerar espectativas e facer que na próxima edición a implicación do público fose moito mellor. Contamos con medios para facernos ver entre o público potencial da XGN. Organicemos actividades que atraian ó tipo de público que a nos nos interesa para que o tipo de demanda na XGN cambie. Empezara traballar agora e de xeito público e aberto permitirá a implicación de colectivos e iniciativas que se sumarán á demanda da edición do 2008.
  • Existe unha forte presión de entidades comerciais sobre a XGN. Non creo que podamos cambiar iso, pero sí podemos competir con iso. Eles teñen cartos, nos temos xente, argumentos e o poder do software e as redes.
  • Os problemas da non aparición na programación oficial e da asignación de un mal espacio dentro do pazo de congresos foron, ó parecer, consecuancia de que algun dos empregados para a organización do evento non tomaron en serio a inclusión do Software Libre dentro do evento. Probablemente sucedeu o mesmo co non emprego de SL no ciber e nos equipos da organización. A subdirección de Xuventude delegou e confiuo (demasiado na miña opinión) nesas persoas e estas non nos tiveron en conta ate o dia en que nos presentamos no Pazo de Congresos, a 3 días da XGN. Fornte a esto o único que nos queda é a pataleta, pero se imos patalear… fagamos que treme o mundo.

Existe a posibilidade de que o próximo ano Mancomún.org esté implicado desde o principio na organización da XGN. Nos imos propoñer que así sexa, e que desde xa se lle asigne espacio e recursos dentro do evento. Iso facilitará moito a comunicación dos GUL coa XGN, xa que os GUL só terían que dialogar entre si e con Mancomún.org, que nos entende perfectamente.

Estas son as miñas ideas. Agora a ver cal é a realidade.

One Response to “O Software Libre na XGN 2007”

  1. Resposta a Ruben Rodriguez, director do proxecto Trisquel, na lista de GULs de Mancomún:

    “Antes de nada, pedir disculpas a Ruben Rodrígues polo mal entendido (mellor dito polo “malexplicado”) e paso a tentar endereitar o entorto.

    Efectivamente, Trisquel estivo presente na XGN e estivemos en contacto con vos alí. Se non vos menciono no apunte do blogue é porque cando redactei o mesmo estaba a pensar no trato que nos recibimos das organización da XGN, non da presencia ou o traballo dos GULs ou outros proxectos de en prol do Software Libre no evento. Nese senso o título da entrada no blogue non é moi axeitado. Perdón.

    Se prestas atención verás que o penultimo párrafo aclara que os problemas non foron directamente provocados polos principais responsables da organización, senon por determinadas persoas que traballaron no evento e que non se tomaron a nosa presencia en serio. Nese senso vos xogastes coa ventaxa de ter unha entidade importante detras, o que vos proporciona unha presencia importante. A nós tomáronnos por un grupiño de tolos que íamos a tocarlles as gónadas cambiando as rutinas ás que están afeitos desde fai anos.

    Por sorte isto xa nos será así o próximo ano. Eduardo Mato, con que temos moi bo entendemento e de que sempre recibimos un trato formidable, ven de confirmarnos esta mañá que para a edición do 2008 ten a intención de deixar en mans da consellería de Industria a organización de contidos relacionados co Software Libre pada a XGN, que é de esperar que á sua vez delegue en Mancomún.org.

    Respecto á vosa presencia, espero que non me tomedes a mal que vos faga ver que na XGN un cartel de dous, catro ou seis metros resulta case invisible. Eu mesmo pasei os tres dias no pazo de congresos (fun eu quen vos invitei a subir á sala dos obradoiros) e non vos vin ate o segundo día á tarde. Nin sequera cheguei a enterarme de que tiñádes un stand ó lado da organización. Non quero dicir con isto que non fixérades un bo traballo. Só que secadra non erades tan visibles como críades.

    Por se alguén está a malinterpretar a entrada do blogue, aclarar que a finalidade do mesmo non é menospreciar o trato recibido ou a organización da XGN, senon analizar puntos febles que se podan mellorar para próximas ocasións.

    Espero terme explicado con maior claridade. Facédeme saber se algún punto ten que ser aclarado ou desenrolado polo miudo.”

Leave a Reply

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>