¿Por que a TVG non comercializa as súas series para o público?
Esta semana pasamos tres días na casa dos meus sogros, nos Ancares, gradando vacas e cocendo pan. Estaban tamén de visita os meus cuñados, catalán el, todos nos coas nosas respectivas criaturas de un mes, dous anos e medio e cinco anos. En total nove persoas, das cales duas catalanas.
A cousa é que atopome con que todos falamos maiormente galego, escepto as miñas fillas. Unha, a de un mes, non fala galego nen outra cousa. A outra, de cinco anos, fala so castelan.
Doulle voltas ó asunto… e non remato de comprendelo moi ben. Xa notara a tendencia da nena a falar en castelán. Lebara a culpa o colexio, no que a educan en castelán maiormente e no que se relaciona con nenos castelanfalantes case por completos. Pero a miña sobriña de dous aniños criada en Girona fala un galego-catalán ben curriño.
Outra posibilidade é a influencia dos medios de comunicación… e non me refiro á televisión. Na nosa casa a tele se emprega para ver videos e DVD. O que é televisión propiamente case nin se ve. Temos unha interesante videoteca infantil seleccionada para as nosas nenas, eliminando especialmente violencia ou estereotipos pouco axeitados. A cuestión e que todo este material está en lingua castelá.
Lembro que nos primeiros dias da TVG tiñan algunhas series interesantes. Polo menos inofensivas. “A panda de Ovideo”, “Os dos contiños”, “O carteiro Pad” veñen á miña memoria sen facer esforzos. Supoño que todas esas series foron mercadas e dobladas ó galego empregando fondos publicos e tamén supoño que estarán estragándose nalgún soto da TVG. ¿Non sería interesante que se puxesen ó alcance do público nos quioscos e nas librerías?. Xa non vou falar de que as colquen de Internet, ainda que desde o meu punto de vista sería o mais loxico.
Teño mercadas varias series infantiles que a Televisión Española ten publicado deste xeito.
¿Non sería este un bo xeito de promocionar o emprego do galego entre os mais novos?. ¿Por qué non se fai?. ¿Qué seria necesario para que se fixese?. ¿A quen é necesario propoñerllo?.
