Archive for Abril, 2007

FON

Domingo, Abril 22nd, 2007

logofon1.pngFon é unha iniciativa empresarial, posta en marcha por Martín Varsavsky, que se baseada na oportunidade de acceder a Internet desde os puntos de acceso WiFi de voluntarios. A idea é que quen o desexe comparta parte do seu ancho de banda con outras persoas empregando un punto de acceso (AP) especialmente deseñado coñecido como “Fonera”.

A actividade de Fon se centra en promover a instalación de Foneras por parte de novos usuarios e na mellora da propia Fonera en sí, e de complementos para a mesma, como por exemplo antenas.

O funcionamento da idea é a seguinte: se instalas e mantes en funcionamente unha Fonera obtes contraprestacións de un de dous tipos. Podes optar por poder acceder gratuitamente a Internet desde as Foneras do resto de participantes en Fon en calquera parte do mundo ou podes elixir recibir unha contraprestación económica cada vez que unha persoa que non participa en Fon emprega a túa Fonera.

Se unha persoa allea ó proxecto quere empregar o acceso a Internet proporcinado por unha Fonera dun participante, ten que pagar unha cantidade de 3€, o que lle proporciona acceso durante 24h.

A inicitiva como tal está ben. O que quere participa e o que non quere non o fai. Desde logo, que a cousa vai a diante é unha boa iniciativa empresarial, Fon recibe os cartos da xente que emprega as conexións proporcionadas polas Foneras, paga unha parte ós participantes que optaron pola retribución económica, e a únicamente realiza inversión en publicidade e unha discreta inversión no desenrolo da Fonera. Agora ben… non todo é tan claro.

Se accedes á páxina web de Fon verás que as cousas non se expoñen así de claras. Todo se plantexa con unha imaxe de “colegueo” e amizade, facendo referencias con frecuencia á “comunidade Fon”. En definitiva, búscase facer sentir ás persoas que están a participar nunha especie de iniciativa solidaria, unha especie de asociación que busca un obxetivo común. Por exemplo, definen a súa “Fonera” coma un “router social” (¿¿??). Así que se a iniciativa en sí (en princio) é perfectamente lícita, non o é o xeito no que se presenta ó publico. ¿Porque?.

Por outra parte está a relación con outros operadores de Internet. Se o miramos ben, Fon está a construir unha rede propia para proporcionar acceso a Internet. Se o acceso ás Foneras estivese restrinxído só os “Foneros”, non habería problema. Trataríase dunha asociación entre persoas para compartir o acceso a Internet uns cos outros. Pero a cuestión é que se aluga o acceso a calquera que pague os 3€ diarios. Os que teñades acceso a Internet propio, se mirades a “letra pequena”, poderedes atopar unha ou duas clausulas que din que o acceso a Internet se proporciona únicamente para o uso dentro do domicilio asociado ó contrato e que o acceso a Internet non poderá ser subarendado ou redistribuido. Fon incumple, ou os Foneros incumplen, estas dúas clausulas do contrato que manteñen cos seus proveedores de acceso a Internet. Polo de agora as compañias proveedoras de servicios de Internet non meten baza no asunto, pero se a “rede de Fon” medra e empeza a afectar á cuota de mercado de outras operadoras… xa veremos o que sucede.

Por outra parte… ¿a que persoa lle pode interesar ser cooperar con Fon?. Inicialmente temos tres perfiles de persoas.

  1. Os que queren facer negocio ou rentabilizar o seu acceso a Internet (os que en Fon chaman Bills). Se o que desexas é facer negocio no noso pais, para proporcionar acceso a Internet de xeito profesional, deberás cumplir unha normativa específica e obter os permisos axeitados. Se o que queres é que a conexión a Internet che salga máis barata, é mellor que te poñas en contacto con un ou dous veciños para compartir a conexión e a factura. Xa empezan a aparecer comunidades de veciños que fan unha instalación de Internet comunitaria pagada en conxunto, que permite ter unha conexión de maior velocidade por precios moito máis asequibles. Tamén podes montar un punto de acceso con servicios similares ós da Fonera, obligando a quen pretenda usar o teu acceso a Internet a poñerse en contacto contigo e a contribuir na factura da conexión, sen necesidade de que Fon se quede con parte dos cartos.
  2. Se o que pretendes é compartir o teu acceso a Internet, por que crees que iso é bo e axuda a outras persoas, non necesitas para nada a Fon. Polos cartos que costa a Fonera podes mercar outros puntos de acceso mellores e permitir que calquera acceda á tua conexión sen necesidade de gastar ¡¡3€ por día!! (sae algo caro ¿non?).
  3. Por último están os que queren compartir o seu acceso, pero só con outras persoas que lles deixen acceder de xeito recíproco. Estas persoas, necesariamente, poseerán un portatil e viaxarán con frecuencia. De outro xeito Fon non lles aportará nada, por que se xa tes acceso a Internet na túa casa so te beneficiarás cando saias dela. ¿Cantas persoas poden coincidir con este perfil?. Son dabondas como para montar unha rede con suficiente presencia como para atopar outros nodos cando saias de viaxe?.

Realmente coido que as persoas que mercaron unha Fonera, ou simplemente ás que lles regalaron unha Fonera e a conectaron ó seu acceso a Internet non se pararon en recapacitar sobre todo esto. Simplemente se deixaron lebar pola “sensación de comunidade” que Fon transmite na sua publicidade e se deixaron seducir, sentindose participes dunha comunidade realmente inexistente.

A miña opinión é que Fon é unha iniciativa empresarial brillante, no senso de que require relativamente pouca inversión e esforzo e (gracias á inconsciencia da xente) pode producir beneficios considerables. O malo é que é unha iniciativa empresarial esteril. Non produce ningún tipo de beneficio social e se basea no engano e explotación de recursos alleos.

¿De quén é culpa isto? ¿do promotor da iniciativa? ¿dos publicistas contratados? ¿da cidadanía por non informarse e ser criticos?. Desde logo a responsabilidade primeira é do promotor da iniciativa. El é quen ten a última palabra.

O negocio parece estar a sairlle ben. De algún xeito conseguiu que empresas como Skipe ou Google apoien o proxecto. Mesmo firmou un acordo coa La Federación Nacional de Asociaciones de Ingenieros en Informática polo que esta axuda ó desenrolo das tecnoloxía que Fon necesita acambio de Foneras (é dicir, a cambio de ampliarlle o negocio a Fon). E é que nos dan un regaliño nin nos cuestionamos se nos interesa ou non… a cabalo regalado non lle míre-lo dente… ainda que teña a sarna e cha poda pegar.

Vivir para ver.

Facer algo

Sábado, Abril 21st, 2007

bombeiroPois resulta que un bombeiro de Vigo decide, e acada, xuntar material para crear un corpo de bonbeiros local en Banda Acheh, zona de Indonesia afectada polo tsunami do 2005. Así de simple. Pasou por alí, comprometeuse a facelo, e agora vai de camiño para aló con máis de unha tonelada de material.

É un exemplo. Deses que din que agora non ten a mocidade. Tampouco é cousa de que todos nos poñamos a recoller material para montar parques de bombeiros en Indonesia, pero non está mal lebar adiante algunha iniciativa solidaria, a titulo individual, de cando en vez. Sennecesidade de delegar en ningunha organización.

O noso amigo José Torres apuntou alto e saiulle ben. Tardou dous anos. As cousas requiren tempo para facerse. Todas.

Moitas veces non é necesario apuntar tan alto. Nen tan lonxe. Ás veces chega con facer pequenas cousas no noso propio bárrio. Estar atento ás necesidades e problemas da beciñanza é fundamental. Unha rúa sen beirarúa, ou sen iluminar, ese semaforo que xa lle deu varios sustos a algún neno, esa familia que ten problemas para lebar ó neno ó colexio… ¿seguro que non podes facer algo?.

Software Libre e Xunta… a cousa arde.

Martes, Abril 17th, 2007

Diversos colectivos en prol do software libre amosan o seu descontento con cómo se están a facer as cousas na Xunta respecto á “promoción” do software libre. GALPon, AGNIX, Inestable e algun “freelance” fan comentarios amosando a sua disconformidade ou o seu descontento.

O Software Libre na XGN 2007

Domingo, Abril 15th, 2007

Este ano, como o anterior, o Software Libre tivo a oportunidade de ser representado na XuventudeGaliza.Net.

Os ponencias respecto ó tema non foron especialmente ben acollidas. A escepción a esto foi a mesa organizada pola Consellería de Industria. Probablemente o sorteo que se realizou ó final de unha interesante cantidade de material electrónico tivo moito que ver. Poderíamos discutir a conveniencia ou non deste tipo de incentivos.

O espacio destinado ós obradoiros de Software Libre tiveron unha boa afluencia de xente. Especialmente o venres á tarde e o sabado á tarde e á noite.

Ainda que este ano a avaliación final da experiencia é positiva déronse certas circunstancias que resultaría importante evitar para próximas ocasións:

  • A organización deixou pasar moitas oportunidades de empregar (e amosar) Software Libre no evento: o ciber e as pantallas xigantes poderían empregar Software Libre fácilmente e sen que supuxese problema algún. Esto crea a imaxe de que “nos non empregamos software libre, pero o facemos presente por que queda ben”. O que por outra banda, non deixa de ser certo (o que teño que dicir sobre esto xa o dixen no artigo anterior).
  • As actividades porpostas e realizadas polos GUL non apareceron na programación oficial.
  • Os espacios asignados ás actividades dos GUL foron os máis agochado, invisibles e dificiles de atopar de todo o Pazo de Congresos.

Máis abaixo analizaremos o porqué destos dous últimos puntos.

As actividades realizadas no XGN polos GUL incluiron as seguintes charlas e obradoiros:

  • Mesa sobre o proxecto Mancomun.org
  • Mesa sobre a evolución de Internet e a sua funcion como soporte ás redes sociais
  • Charla sobre a evolución dos escritorios en GNU/Linux e as novidade actuais sobre o tema.
  • Demostración das ferramentas e recursos de progamación de aplicacións para Gnome.
  • Obradoiro de instalación dun mediacenter en entorno GNU/Linux: “Elisa”.
  • Obradoiro permanente de Software Libre.

Adicionalmente repartironse exemplares do libro “Documentos pra unha informática real”; recopilación de documentos que aportan as bases de coñecemento e a perspectiva necesaria para comprender a situación actual da informática persoal e a sua repercusión na sociedade. Tamén se repartiron pegatinas e chapas entre os asistentes ás actividades.

A valoración e conclusións que podemos extraer son as seguintes.

  • Nos próximos anos é necesario sincronizar mellor a proposta de actividades para fuxir de coincidencias con outras ofertas. Probablemente o mellor sexa centrarse no horario nocturno.
  • Os temas técnicos son mellor acollidos que os de índole social ou teórica. As charlas sobre novidades, sobre como facer esto ou o outro son mellor acollidas que as de ética, repercusión social, etc. É necesario ter esto en conta á hora de publicitar as actividades. Poida que tamén á de elixir as publicacións.
  • É necesario facer presión (ou buscar a vía que sexa) desde xá para que a implicación de Xuventude co Software Libre sexa maior. Máis real, se pode dicir. A miña opinión persoal é que están completamente á marxe do tema, escoitan campanas, pero necesitan que alguén os informe. Eles non o van facer por si mesmos.
  • A XGN ten unha inercia importante, por tamaño e antiguidade. O tipo de público é marcadamente “jugón-leecher”. Temos que incluir na proposta de actividades actividades dirixidas a este público, pero tamén podemos modificar o tipo de público da XGN. Nese senso vai o seguite punto…
  • Creo que sería boa idea empezar a traballar xá o XGN do 2008 e facelo de forma pública. Esto podería xerar espectativas e facer que na próxima edición a implicación do público fose moito mellor. Contamos con medios para facernos ver entre o público potencial da XGN. Organicemos actividades que atraian ó tipo de público que a nos nos interesa para que o tipo de demanda na XGN cambie. Empezara traballar agora e de xeito público e aberto permitirá a implicación de colectivos e iniciativas que se sumarán á demanda da edición do 2008.
  • Existe unha forte presión de entidades comerciais sobre a XGN. Non creo que podamos cambiar iso, pero sí podemos competir con iso. Eles teñen cartos, nos temos xente, argumentos e o poder do software e as redes.
  • Os problemas da non aparición na programación oficial e da asignación de un mal espacio dentro do pazo de congresos foron, ó parecer, consecuancia de que algun dos empregados para a organización do evento non tomaron en serio a inclusión do Software Libre dentro do evento. Probablemente sucedeu o mesmo co non emprego de SL no ciber e nos equipos da organización. A subdirección de Xuventude delegou e confiuo (demasiado na miña opinión) nesas persoas e estas non nos tiveron en conta ate o dia en que nos presentamos no Pazo de Congresos, a 3 días da XGN. Fornte a esto o único que nos queda é a pataleta, pero se imos patalear… fagamos que treme o mundo.

Existe a posibilidade de que o próximo ano Mancomún.org esté implicado desde o principio na organización da XGN. Nos imos propoñer que así sexa, e que desde xa se lle asigne espacio e recursos dentro do evento. Iso facilitará moito a comunicación dos GUL coa XGN, xa que os GUL só terían que dialogar entre si e con Mancomún.org, que nos entende perfectamente.

Estas son as miñas ideas. Agora a ver cal é a realidade.

A promoción do Software Libre

Luns, Abril 9th, 2007

Free-Libre-Open Source-SoftwareÚltimamente ando a participar nalgunhas actividades de promoción do Software Libre. Fágoo por que considero que a súa adopción, especialmente por parta das institucións públicas, implicaría unha serie de benefícios sociais etecnolóxicos que nos beneficiarían a todos.

Posiblemente Brenlla teña razón: “cada quen na sua casa que use o software que lle de a gana”. Pero as administracións públicas a día de hoxe non teñen elección posible foras das múltiples que atoparán no mundo do Ssoftware Libre.

Ate fai pouco os que andabamos a dar a lata con esto do Software Libre, GNU/Linux e demáis andromenas erámos uns poucos tolos que ían por libre, polo menos así nos vian os demais. En realidade detras desos poucos tolos se atopaba un grande movemento pluriaquico internacional.

Recentemente algunhas institucións públicas empezan a cheirar que algo se move detras diso do Software Libre, e ainda que non saben moi ben de que vai quérense subir ó carro, por si acaso. O que sucede é que grandes institucións internacionais (aqui ou aqui) recomendan o seu emprego e cada vez máis grandes empresas (IBM, HP, DELL) optan por apoiar os seus negocios nas ferramentas que o Software Libre proporcionan, ou mesmo en empregar o seu modelo de desenrolo para os seus propios productos.

Así é máis facil que os governos, desde os locais ós estatais, confien máis en eso do Software Libre, ainda que non cheguen a entender moi ben que o diferencia do “software normal”. Ainda así, a sua adopción faise de forma discreta. Moitas veces incluso de xeito simbólico ou mesmo só de cara ó escaparate (sei dalgunha oficina da Xunta na que se pode ver un ordenador con Ubuntu GNU/Linux na entrada, nun escritório perfeitamente ordenado e limpo, mentras no interior das oficinas tódolos equipos funcionan con software privativo).

No que poñen máis enfase, máis que en empregar o Software Libre, é na sua promoción pública. En poñer as verbas “Software Libre” en calesquera carteis e anuncios nos que podan. E que sáben que esas palabras benden. Polo menos a un certo sector da sociedade. Así que ¿por que non poñer contentos a uns poucos?. Apoiemos o Software Libre, a liberación da muller e o acceso da mocidade ó emprego e á vivenda digna. Como non. Ninguén tería pelotas a afirmar algo distinto.

Categorias de Software

O que sucede é que o Software Libre nunca necesitou de promoción. Desde que xurdíu o concepto, o Software Libre moveuse grazas á necesidade. Stallman creou GNU porque lle facia falta. Torvals creou Linux porque o necesitaba. E os centos, milleiros de persoas que participaron no desenvolvimento destas ferramentas o fixeron porque viron a sua utilidade e sentiron que as necesitaban.Os usuarios que adoptamos as ferramentas informáticas de software libre o facemos porque o necesitamos. Por que estamos cansos de perder horas de traballo, paciencia e enerxía pelexando con ferramentas que non nos deixan traballar. Esta é toda a promoción que necesita o Software Libre.

Desde que se empezou a falar de Software Libre, este foi gañando adeptos e mercado de xeito paulatino e imparable. Os motivos son que é accesible, útil, práctico e que o seu sistema de desenrolo permite que medre e mellore a un ritmo e cunha eficacia que ningunha compañía productora de software podería igualar nin achegarse de lonxe. Fronte a isto non é necesario promoción. A promoción pode facer que este proceso se acelere, pero o proceso é imparable.

Por outra parte, a suposta promoción realizada polas entidades públicas vai dirixida ó usuario particular, ó usuario domestico. Mellor dito, ó votante. Este non é un público especialmente interesante para o Software Libre. Desde logo que é interesante, pero non o máis interesante. A xente da rua, os votantes pódense beneficiar moito do emprego do Software Libre, pero é dificil que os votantes beneficien directamente ó Software Libre. O Software Libre é beneficiado máis directamente polo usuario técnico, polo usuario profesional. O usuario que sí é quen de comprender a diferencia entre o Software Libre e o privativo. O que é quen de comprender o xeito en que funciona a inmensa comunidade de persoas que están detras da creación do Software Libre e é quen de incrustarse nesa comunidade para apoiar ó seu desenrolo.

Señores políticos. Deixen de apoiar ó Software Libre. Adópteno. Aforrennos millons de euros en licencias estériles. Aforrennos millons de euros saindo cara outros paises de xeito innecesario e sen producir beneficio algún. Abran mercado laboral de novas tecnoloxías na nosa terra. Permitan que os cidadáns podan acceder a unha administración electrónica real. Garantan a confidencialidade os nosos datos privados. Actuen con responsabilidade e adopten o emprego de Software Libre, de unha vez e sen medias tintas, en tódolos ambitos da administración pública.

O Software Libre se defende ben sen a sua axuda. Non o amolen.

¿Por que a TVG non comercializa as súas series para o público?

Domingo, Abril 8th, 2007

Esta semana pasamos tres días na casa dos meus sogros, nos Ancares, gradando vacas e cocendo pan. Estaban tamén de visita os meus cuñados, catalán el, todos nos coas nosas respectivas criaturas de un mes, dous anos e medio e cinco anos. En total nove persoas, das cales duas catalanas.

A cousa é que atopome con que todos falamos maiormente galego, escepto as miñas fillas. Unha, a de un mes, non fala galego nen outra cousa. A outra, de cinco anos, fala so castelan.

Doulle voltas ó asunto… e non remato de comprendelo moi ben. Xa notara a tendencia da nena a falar en castelán. Lebara a culpa o colexio, no que a educan en castelán maiormente e no que se relaciona con nenos castelanfalantes case por completos. Pero a miña sobriña de dous aniños criada en Girona fala un galego-catalán ben curriño.

Outra posibilidade é a influencia dos medios de comunicación… e non me refiro á televisión. Na nosa casa a tele se emprega para ver videos e DVD. O que é televisión propiamente case nin se ve. Temos unha interesante videoteca infantil seleccionada para as nosas nenas, eliminando especialmente violencia ou estereotipos pouco axeitados. A cuestión e que todo este material está en lingua castelá.

O carteiro Pat

Lembro que nos primeiros dias da TVG tiñan algunhas series interesantes. Polo menos inofensivas. “A panda de Ovideo”, “Os dos contiños”, “O carteiro Pad” veñen á miña memoria sen facer esforzos. Supoño que todas esas series foron mercadas e dobladas ó galego empregando fondos publicos e tamén supoño que estarán estragándose nalgún soto da TVG. ¿Non sería interesante que se puxesen ó alcance do público nos quioscos e nas librerías?. Xa non vou falar de que as colquen de Internet, ainda que desde o meu punto de vista sería o mais loxico.

Teño mercadas varias series infantiles que a Televisión Española ten publicado deste xeito.

¿Non sería este un bo xeito de promocionar o emprego do galego entre os mais novos?. ¿Por qué non se fai?. ¿Qué seria necesario para que se fixese?. ¿A quen é necesario propoñerllo?.