Web 2.1 - Espantoso nome para unha interesante idea.
Nos últimos días aparecen varias noticias que pretende darlle outro puxo á liberdade en Internet. E non é que vaian facer Internet máis libre, senon que achegarán a liberdade de Internet a máis persoas.
Trátase de dous sistemas que pretenden facilitar a creación de contidos para Internet desde o noso propio PC. Se esta idea medra, cada ordenador doméstico rematará por convertirse nun servidor, co que a distribución dos contidos pola rede estaría xá un 99% en máns da cidadanía.
Por un lado está Hybrid Share. Pretende ser un xeito de compartir arquivos en Internet, como outras aplicacións P2P, pero coa diferencia de que se empregarían grupos de amigos, en plan mensaxería instantanea para controlar o acceso ós mesmo. Isto nos permitirá compartir arquivos de xeito controlado, de forma similar a como se fai nas redes locais, e sen necesidade de grandes coñecementos técnicos.
Ademáis agora presentan izimi que nos permitirá ter o noso blogue, fotoblogue, podcast… aloxados no noso propio equipo, só arrastrando e soltando os contidos que desexemos publicar.
¿Coñecedes máis aplicacións de este tipo?
marzo 5th, 2007 at 1:07 pm
Web 2.1 - Espantoso nome para unha interesante idea…
Nos últimos días aparecen varias noticias que pretende darlle outro puxo á liberdade en Internet. E non é que vaian facer Internet máis libre, senon que achegarán a liberdade de Internet a máis persoa…