coRank

Preséntase un novo sistema de rede social de noticias. coRank é simimilar a digg, meneame, chuza, etc; pero presenta algunhas peculiaridades interesantes.

Para empezar, coRank ofrece unha portada para cada usuario ademáis de unha portada xeral. A portada xeral funciona, máis ou menos, do xeito que estamos afeitos, en plan Chuza!, pero a portada do teu usuario depende das túas “fontes”.

As fontes constituen unha lista na que cada quen fai unha relación dos usuarios de coRank que máis credibilidade, confianza ou afinidade lle inspiran. Isto permite facer un seguimento paralelo das noticias propostas ou votadas polas fontes escollidas. Esas serán as noticias que aparecerán na túa portada persoal, as propostas ou votadas polas tuas fontes.

A elección de fontes é unidireccional. Quero dicir que A pode escoller a B como fonte, pero isto non fai que B considere a A a sua fonte tamén.

Xunto con estas novedades aparecen diferencias á hora de asignar o ranking dos usuarios -o karma-. A novidade máis importante é que cando alguén te escolle coma fonte incrementa o teu ranking, ainda que os puntos recibidos son perdidos se a persoa te elimina da sua lista de fontes.

Estas características nos permiten seguir coas funcionalidades das que dispoñíamos nos sistemas actuais ó tempo que evitamos certos problemas. Resultará especialemente útil para as persoas que teñen criterios, intereses ou necesidades que non coincidan cos da maioría, permitindolles crear unha portada á sua medida baseándose nas fontes da sua interese.

O que nos ofrece coRank é liberdade. Podemos seguir as noticias preferidas polo conxunto dos usuarios, ser máis selectivos e quedarnos coas noticias apoiadas por aquelas persoas que nos inspiren máis confianza ou practicar a endogámia creando grupos corporativos que nos aillen do resto do mundo.

coRank é unha evolución interesante e aporta novidades útiles, queda a incognita de se a aplicación empregada é software libre ou o será proximamente. De non ser así, suporá unha limitación importante para que o sistema se estenda.

Leave a Reply