Espantada congresista.
O titulo non é moi axeitado. Pode inducir a erros. Non se trata de que alguén espantara a un/unha congresista, senon da espantada dos congresistas en Madrid.
Podedes visitar O bazar de nes para ver de qué vai o tema. En dito blog poderedes ver algunhas referencias a outros blogues que están a verquer as suas visións sobre o tema.
Básicamente o lio ven pola falta de respeto amosada en Madrid polos congresistas ó seu compañeiro Francisco Rodríguez, representante do BNG no Congreso. Non é que o abuchararan; eso sería unha forma de ter en conta o que está a dicir, de xeito máis ou menos axeitado, pero sería unha resposta. O que sucedeu e que simplemente, a sala quedou prácticamente valdeira antes de que o representante deo BNG empezase a sua exposición.
Francisco Rodríguez ía falar dun tema espiñento. Da solución que se lle pode -ou debe- dar ós asteleiros de Fene. O antiguo Astano, hoxe Navantia. Porque parece ser que a UE non quere que o estado fabrique tanto barco, que é mellor que o fagan empresas privadas. Non sei, pode ser. A cuestión é que agora non está moi claro qué facer co asteleiro e cos miles de postos de emprego que xenera -os postos de emprego teñen rostros e nomes propios, que gustan de comer tódolos días; mesmo moitos deles teñen familas detras, con bocas que alimentar, de pequenas personiñas con nomes propios e rostros-.
Esto da posible perda de postos de traballo é un problema importante por si mesmo. Máis nunha zona xa deprimida como a comarca de Ferrolterra. Os blogs emiten opinións nun e noutro senso sobre cal pode ser a mellor solución, ou que parte está defendendo mellor a súa postura. Pero a Meluco, o que escribe, tamén lle parece importante o xeito en que se comportan o congresistas do congreso -isto soa como o de “castellanos de castilla…”-. Non polo xesto en si, senon por que constitue un sinal da actitude que podemos atopar nos congresistas en xeral.
Ultimamente deixei de ter fé nos grupos políticos, especialmente nos que chegan a ocupar un posto nalgunha administración. É por algo que veño observando no trato coas institucións que nos governan -que non coa xente que ocupa os cargos- e que parece que é a tónica xeral. Falo da inercia. E non saquedes conclusións precipitadas.
Voume poñer algo filosófico. Poida que metafísico. O primeiro é aclarar que non me estou referindo á actitude de persoasindividuais, senon de tendencias grupais. Polo tanto, non falo de que as persoas nos grupos políticos se deixen lebar… ainda que tamén ten relación.
Moitas veces, no universo human, no universo mental e emocional, o conxunto é meirande que a suma das partes. Por exemplo, un equipo de dez creadores probablemente terán máis ideas e de mellor calidade que o conxunto de ideas de cada un deles de xeito individual. Ten que ver coa sinerxia.
Aparentemente isto é estupendo. A sinerxia ofrecenos a creación de riqueza, o obter máis en total do que xuntamos… sempre e cando xuntemos riqueza. O problema está en que o universo é dual. Quero dicir que o universo é neutral. Os conceptos de “ben” e “mal” son invencións humanas, ideas alleas á natureza. A sinerxia non vai ser unha escepción.
Que sucede se, no canto de xuntar a dez creadores xuntamos a dez vívoras, dez serpes, dez individuos sen alma? Pois que a sinerxia fai o seu traballo, e obteremos máis ruindade da que obteríamos sumando a ruindade individual de cada unha das dez pécoras.
Todo isto da sinerxia podémolo ver se nos fixamos en como funciona a administración. Para que se de sinerxia temos que atopar diversidade de forzas que se unan e empuxen cara un obxetivo común. Esto de unirse para empuxar cara unha meta común parece algo desexable cando falamos de institucións como a Xunta de Galicia, os concellos ou o governo estatal. Pero o desexable de isto ou non dependerá de cal sexa a “meta común” escollida.
Cal é a direccion común que atopamos cando miramos para unha administración pública? Podemos atopar moitas, pero a experiencia me di que sempre imos atopar unha en concreto: a de evitar que os outros governen. Poida que non se poñan de acordo en nada máis, poida que no resto de aspectos teñan posturas diferentes, pero todos teñen claro que non queren que os demais governen. E como neso están de acordo a sinerxia empeza a facer o seu traballo, e a capacidade de desgoverno que obtemos como resultado é moi superior ó que poderíamos agardar se mantivéramos ás diferentes forzas ailladas entre si.
Pero esta non é a única lei física aplicable ós grupos humans. Outra é a inercia.
A inercia podemola notar coma consecuencia directa da situación de sinerxia anterior. Unha vez que a sinerxia crea unha forza brutal de desgoverno, esta empezar a desplazar ás institucións da administración, temos un obxeto en movemento que tende a manter o seu rumbo e velocidade. Quere dicir que para arreglar esto, para deixalo como estaba antes de empezar a fodelo, imos ter que facer moita máis forza. Moita máis. Canta? Depende, por que a forza, entre outras cousas, depende da masa, así que non será o mesmo deter unha asociación de veciño -si, a este nivel tamen pasan estas cousas-, que o concello de As Nogais -é so un exemplo-, o concello de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia ou a UE.
Dependendo do tamaño do mostro, así será a forza necesaria para contrarestar a inercia. E o tamaño do bicho en cuestión non depende do territorio que administra, senón do número de elementos internos cos que conta.
Todo esto da sinerxia e a inercia nótase primeiro na actitude na xente. É especialmente rechamante nas persoas que se incorporan ós diferentes grupos. Empezan comportándose en base ós seus propios criterios, pero cando pasa pouco tempo a maioría incorpóranse á liña marcada pola inercia e alimentada pola sinerxia grupal.Pero a cousa non remata aquí. Co tempo a forza creada pola sinerxia pasa das actitudes ós costumes, e dos costumes ás normas. Por exemplo, onde se pode ver facilmente o efecto da sinerxia desgovernativa é na burocracia.
Se ledes a definición de burocracia veredes que implica o impersoal. E esto é así porque a burocracia, en gran medida, é un efeco da sinerxia e non algo artellado polas persoas. A burocracia remata por estar por riba das propias persoas que lle deron a esistencia. Se a burocrácia se encamiña a axilizar a realización de traballos, pode ser moi útil, pero se a sinerxia construe unha burocracia orientada a impedir o governo “dos demais”… será tremendamente eficiente e negativa.
Gran parte da burocracia está constituida por medidas de control, que buscan poñer límites… pero trátase de un control que ten unha intención destructiva detrás. Empregase ese control para impedir que “os demais” governe. É a inmensa forza de desgoverno creada pola sinerxia.
Incluso os grupos que estén no poder entran neste xogo e aumentan a forza de desgoverno participando na sinerxia destructiva: eles tamén queren que “os demais” non governen. E poño “os demais” entre cominñas, por que cando varios entes forman parte de un grupo, dentro do grupo non esisten “os demais”. Todos os entes son o grupo.
Se as forzas se empeñan en que non governen “os demais”, elas mesmas son os demais. Todo depende de quén pronuncie “os demais”. Resulta evidente por pouco que imaxinemos ó conxunto formado por diferentes forzas, empeñadas todas elas en que non governen “os demáis”.
Cando nos atopamos con este escenario e unha nova forza, por exemplo un novo grupo político, entra en escena, o normal é que se veza barrido pola inercia, non importa cal fora a súa dirección anterior, agora verase arrastrada na dirección do conxunto: o desgoverno.
Por suposto que está nas suas máns loitar con esa inercia, pero deberá aplicar unha forza superiór á inercia do monstro do que pasou a formar parte. Ainda máis se outras forzas continúan facendo sinerxia para acelerar máis o monstro cara a meta do desgoverno. Non é imposible deter esta marcha, pero si dificil. Moi dificil.
Non sei… se cadra non deberíades estar lendo esto. Non perdades o tempo. O Meluco non razona.
Quedo pendente de tentar buscar puntos flacos a esta sinerxia. É necesario construir.
P.D.: Tedes uns artigos moi interesantes aquí e aquí, no que se expon algo similar, de forma mais sinxela. Fala de “circulos viciosos”, pero tamen de “circulos virtuosos”.
marzo 2nd, 2007 at 1:31 pm
Eu miro a cara de Paco Rodriguez contra o minuto dous, quando Marín pide calar por segunda vez, e colho umha carragem e umha humidade nos olhos.
marzo 2nd, 2007 at 11:14 pm
En Chuza! podemos atopar unha iniciativa para mandar un correo electrónico ós deputados expresanodo a nosa opinión sobre o seu comportamento no congreso.
http://chuza.org/historia/nom-temos-nada-que-fazer-ala/
marzo 4th, 2007 at 9:17 pm
Por casualidade, atopo un artigo moi relacionado co concepto de sinerxia-inercia aplicada ós grupos humanos. Explicao desde outro punto de vista, pero a idea da que fala é a misma. Chámalle Círculo vicioso del desempoderamiento. Por sorte tamén fala dun Círculo virtuoso.