SingleCore
Agora que a xente merca fantásticos ordenadores DualCore, CoreDuo e similares. Cando todo o mundo -que pode- pode desfrutar de ordenadores domésticos con múltiples procesadores, cousa ate fai poucos meses restrinxida a empregos profesionais -e desde o meu punto de vista completamente desproporcionado-, agora, neste preciso momento, veño de facer as analises para descartar que padeza algo denominado “mononucleosis”.
Ás veces o afan por ir en contra da corrente dominante é algo desproporcionado, pero non era a miña intención.
Para colmo é unha desas cousas que despois se quedan contigo de por vida. Os sintomas desaparecen pero o virus pasa a formar parte de un, o que non deixa de ter un aquel coa estética Matrix. A guasa está en que , ainda que non é moi contaxioso, pasas a ser portador do bichiño, que pode saltar desde ti a outras persoas.
Que me pasase esto a min, que lebo usando GNU/Linux, coma sistema operativo único no meu ordenador dende fai non sei cantos anos, non deixaría de ter o seu aquel. Claro que pensándoo ben, o paralelismo existe.
Por sorte, o resultado foi negativo.